I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Cris Pavón, Sangue 12

September 17, 2017

Título: Sangue 12 
Autora: Cris Pavón
Editorial: Urco Editora

Selo: Alcaián

Revisión lingüística: Raquel Vila Amado

Deseño da capa: Jose María Picón

Edición: David Cortizo Conde
ISBN: 9788491210160
Nº de páxinas: 204 páxs

Sinopse:

 

Neste libro de feitura bizarra, onde se mestura o real e o fantástico dacabalo entreos séculos XIX e XXI, preséntasenos unha fábula vampírica que conxuga fíos de feminismo, tecnoloxía e literatura para tecer a historia do delongado transo adolescente da protagonista, unha rapaza que asume os propios devezos e constrúe unha identidade vista como aberrante polos demais. 

A literatura moitas veces precisa de renovar os seus propios mitos e figuras principais. O caso do vampiro non é algo diferente. Estas supostas deidades demoníacas que presentaron autores como Bram Stocker, Byron o Goethe evolucionaron na literatura actual introducíndose no novo mundo con distintos resultados. Sangue 12 de Cris Pavón é un deses casos nos que esta figura desvirtúase fronte a tradición pero o resultado non é un despropósito.

 

O libro non comeza con moi bo pé. Peca un pouco nos primeiros capítulos de caer na repetición de situacións e os encontros dos personaxes sempre baséanse nos mesmos principios. Cando todo pode indicar que o libro seguirá unha trama insubstancial, o contacto entre as dúas protagonistas da lugar a un cambio sorprendente no rumbo da historia. A trama comeza a introducir reflexións sobre o crecemento, o sangue, a regra e a sexualidade dende unha óptica nada tradicional.

 

É posible medrar sen se volver desprezábel? É posíbel que a noite non siga o día? Eles só se resignan. Acéptano e reciben logo as ledicias do sexo como premio de consolación fronte á perda da infancia. É o que fai soportábel o paso ao estado adulto, sempre o pensei, pero nunca o comprendín como agora. Foi algo máis que entendelo, sentino, por un intre desexei mergullarme eu tamén na corrente do tempo e compartir con ela ese pracer. (páx. 84)

 

A obra combina un diario e as vivenzas persoais da vampiresa cunha narración áxil e na que a descrición ocupa so momentos chave da historia. Todo isto outorga a obra unha perspectiva microhistórica moi ben trazada en base a unha cronoloxía ben perfilada. As novas tecnoloxías introdúcense tamén para favorecer este punto, xa que a axilidade da mensaxería permite que as relacións entre personaxes sexan moito máis aceleradas e constantes.

 

O amor adolescente e feminino que podíase entender nas primeiras páxinas non segue as liñas tradicionais dos máis recentes e desafortunados produtos literarios, senón que utilízase como crítica á idealización do amor que a historia escrita por homes impuxo. O descubrimento da sexualidade supón para as dúas mozas un pracer que non se ve baixo os medos heteropatriarcais e que os pon en dúbida. O sangue da menstruación é un sangue que é froito de desexo por parte da vampiresa, que desexa unha volta á infancia a través dun líquido desexado, nun proceso voluntariamente similar á lactancia. Non produce noxo nin simboliza a fertilidade, en vez de ser a marca da vida adulta e a marca da liberdade e a infancia.

 

3 de xaneiro de 1817

O pacto era non medrar. Aínda ten que transcorrer un tempo para que vexa se efectivamente se detivo o meu crecemento. Ás veces asáltame unha sede tal que non sei do que sería capaz... de chuchar a menstruación se a tiver.

5 de xaneiro de 1817

Cando chucho sangue volvo á infancia perfecta, á ledicia total. Á despreocupación, á ignorancia, ao gozo. Lembro o imposíbel, o pracer da lactancia. (páx.92)

 

Tamén se agradecen as continuas referencias que fai a autora a tradición literaria e, en especial, ó pensamento feminista. Aínda que o feminismo é un tema que ten un fondo palpable na novela, tamén se introducen explicitamente algúns nomes de pensadoras e títulos de obras. Destacar o papel que se lle da a Mary Shelley pois é o antecedente máis popular da literatura de terror escrita por mulleres.

 

Conseguiu que a irmá lle enviara o enderezo de Mary Shelley, Mary Wollstonecraft de solteira, quen foi moi amábel e atenta ao responder as súas cartas, pero non lle deu ocasión para se achegar como Palmira quería, con máis intimidade. Informouse de todo canto puido sobre a súa vida: os seus fillos mortos, as desavinzas co defunto marido, a vida dos do pazo Diodati. Canto máis descubría de Mary Wollstonecraft, máis medraba a súa admiración por ela: a devoción pola súa nai autora da Vindicación dos dereitos da muller, o seu desprezo polas convencións sociais, o singular da súa vida e a dos seus amigos. (páx. 115)

 

En resumo, Sangue 12 é un libro que aínda que pode ter un comezo titubeante merece unha oportunidade por parte do lectorado. Un libro bizarro, complexo pero cun fondo chamativo e todo un pensamento detrás.

 

 

 

 


 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com