I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Ledicia Costas, A señorita Bubble

September 18, 2017

 

Título: A señorita Bubble
Autora: Ledicia Costas

Ilustrador: Andrés Meixide
Editorial: Xerais

Coleción: Sopa de libros
ISBN: 9788491210160
Nº de páxinas: 168 páxs

Sinopse:

 

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

Non é casualidade que a volta ó cole sexa sinónimo dunha nova publicación de Ledicia Costas. A raíña indiscutible da literatura infantil e xuvenil galega publica este mes de setembro A señorita Bubble, unha novela que os escolares galegos recibirán con ilusión e, polo menos, fará máis levadeiras as clases.

 

Nesta novela ofrece unha historia entretida e ben tecida. Nela introduce con moito acerto dúas caras distintas dun mesmo mundo, a realidade cotiá coa que critica o automatismo da sociedade e a típica familia gris de clase media fronte a un mundo moito máis fermoso, onde a imaxinación e a liberdade son as normas. Este último aspecto amósase na meirande parte dos inventos de esta intelixentísima inventora que é quen de detectar os grandes males do seu mundo e intentar cambialos dende a sombra. 

 

Noa fitou o Flash bubble e chegou a conclusión de que a muller dicía a verdade. Xamais vira nada igual. Para empezar, tiña tres rodas. O asento era un sofá de tres prazas de veludo granate cun oco onde había un parasol violeta. Enriba da roda traseira, unha pequena plataforma sostiña un barril cheo de cables e termóstatos dourados. Dous enormes tubos de escape elevábanse a un lado e outro do barril. Eran como pequenas chimeneas antigas, rematadas en punta. (páx. 20-21)

 

A señorita Bubble, a nosa gran protagonista, representa a todos esas figuras femininas esquecidas na historia en todos os ámbitos do saber, a incomprensión da sociedade sobre o que é diferente e o illamento radical ó que somete ó individuo diferente. Unha muller de estética peculiar que posee a súa propia marca, é independiente e que, pese ó trato descortés da xente, sempre pensa no ben común. En todo o texto, as súas conversas coas nenas serven para extraer reflexións moi tan importantes como necesarias.

 

A xente que non é quen de chorar acaba coa tristura enquistada. Chorar tamén é necesario, aínda que hai moitos que non o saben. Axuda a limpar os ollos e o corazón. (páx. 59)

 

Todo isto aderezado coas incribles ilustracións de Andrés Meixide, que retrata perfectamente ó mundo que a autora quería retratar e que fai que a lectura tamén sexa unha gozada a nivel audiovisual.

 

En resumo, este setembro Ledicia volve coma o cole e semella que o verán no pasou por ela. Volve como a primeira da clase, cos deberes feitos e unha novela que dará moito que falar entre os rapaces e da que os maiores tamén gozarán moito.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com