I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Antonio Manuel Fraga, A virxe das areas

September 26, 2017

 

Título: A virxe das areas

Autor: Antonio M. Fraga

Editorial: Embora

Fotografía da Capa:  Antía García Sendón

ISBN: 9788416456550

Nº de páxinas: 117 páxs

Sinopse:

 

O misterio chega a Vilar de Sembra cando, preto da ermida da Nosa Señora das Areas, dúas veciñas encontran a Norma Lago, unha moza que levaba anos fóra da vila. Desorientada e vestida só cun camisón branco, Norma camiña con tan poucos folgos que acaba por se esvaecer sobre os seixos da praia. O xubilado Paco Louro mergúllase no pasado da vila para tratar de clarexar o enigma que arrodea a aparición da rapaza. Antonio Manuel Fraga narra unha historia de intrigas, afectos e horror que prenderá o lectorado desde a primeira liña.

Na famosa obra de Italo Calvino, As cidades invisibles (1972), atoparemos a seguinte cita: "A cidade non relata o seu pasado, conteno como as liñas dunha man, escrito nas esquinas das rúas, nos ferraxes das ventás, nos pasamáns das escaleiras, nas antenas dos pararraios, nos mastites das bandeiras, cada segmento sucado a súa vez por rabuñaduras, cortes, incisións, comas.” O que sinala o autor italiano acáelle moi ben a Vilar de Sembra, unha pequena vila galega onde o silencio e a inexistencia dun relato público converte calquera suceso en incomprensible e case mitolóxico. 

 

En A virxe das Areas (Embora, 2017) de Antonio M. Fraga temos unha historia na que a vila e os seus habitantes viven na voluntaria ignorancia. Todos eles agochan algo que afecta a historia persoal dos demais e iso fai que moitos dos casos e problemas que aparecen na cidade non teñan explicación. A estrutura da vila supón un conxunto de elementos doutras realidades que o autor coñece, por iso aínda que non é real, semella moi realista. Durante esta historia faremos un roteiro pola vila e a súa historia oculta grazas a Paco Souto e outros personaxes.

 

No comezo daquela noite un exánime luar beixaba o piñeiral que unía a vila coa ermida da Nosa Señora das Areas. O ceo estaba cuberto por un manto estrelado, coma se alguén sementase candeas alén dos cumios das árbores. Os bordes da estreita lingua areosa onde medraba o piñeiral estaban ocupados por cadansúa praia. A do leste, da banda da vila, era longa e de arena fina. A do oeste, pola contra, máis que praia era unha sucesión de calas de croios, zarrapicadas por rochas que emerxían aquí e acolá igual que verrugas na pel vella. No seu final, detrás das penas, intuíase ao lonxe o edificio da vella baleeira, parcialmente derruído e comesto pola maleza. (páx.1)

 

Xunto co realismo de Vilar de Sembra o que máis sorprende da novela é a estreita relación entre natureza e feitos. O tempo atmosférico vese afectado polos distintos sucesos e interaccións dos personaxes. A néboa, a escuridade e a chuvia aparece cando as situacións son negativas ou en momentos clímax da acción. Sen embargo neste fragmento, que supón a primeira aparición de Paco, o ceo é limpo e azul, que simboliza a esperanza.
 

Cando Paco Louro saíu da casa aquela mañá un ceo limpo e azul sepultaba a lembranza do temporal que, a comezos deste mes, arrasara a costa cunha lambedela de vento e chuvia como non se lembraba na contorna. (páx. 21)

 

É evidente que, voluntaria ou involuntariamente, esta novela ten influencias do realismo máxico xunto coa realidade da Galicia máis profunda. Unha combinación de elementos que manteñen unha estreita e correcta relación no texto e que aportan unha atmosfera peculiar ó relato.

 

Fóra, na rúa, as pingas da chuvia engordaron até transformarse en proxectís que estouraban contra as pozas, creando na súa tona marrón efémeras burbullas como ollos de sapo. (páx. 57)

 

A estrutura do libro é compacta debido a boa decisión de organizar o libro en capítulos curtos onde as perspectivas e o narrador varían pero sempre mantendo a unidade temática e estrutural dos textos. As tramas están ben levadas e fan que o lector estea en tensión en todo momento.

 

En resumo, A virxe das areas é un libro moi entretido que calquera lector devora con ansia en poucas horas. Unha lectura ideal pola súa brevidade, interesante trama, a  excelente construción da atmosfera e os espazos, e a perspectiva crítica sobre a historia tanto real coma desta peculiar vila.

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com