I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : María Canosa, Non é París

October 7, 2017

 

Título: Non é París
Autora: María Canosa

Deseño de Cubertas: Olaya Naveira
Editorial: Bolanda
ISBN: 9788460896944
Nº de páxinas: 104 páxs

Sinopse:

 

Marcela é unha muller afeita a tomar decisións importantes tras meditar moito as mesmas. Sabe cal é o rumbo que desexa seguir e actúa en consecuencia para obter o seu obxectivo. É resolta, decidida, afouta pero, por primeira vez na vida, non lle dan opción. Múdanlle a situación persoal sen consultarllo, polo que se ve na obriga de comezar unha nova vida que, ademais, rexeita de principio.

É preciso que na literatura haxa un espazo para calquera texto no que se fale da realidade dunha maneira crítica e dende unha perspectiva analítica. Toda a tradición da novelística romántica peca de amosar relacións baixo supostos e leis morais que teñen a súa orixe no falocentrismo que lamentablemente segue a dominar a historia social da humanidade. Non é París de María Canosa é un libro que fai unha crítica potente ó amor "romántico" dende unha historia que podería ser perfectamente real.

 

Marcela é unha muller autónoma que vese afectada polo veleno que supón unha relación tóxica. O amor na novela é para ela a única motivación para formar parte dun mundo ó que ela non atopa encanto.  A súa Colombia natal supón unha conexión tanto familiar como espiritual para ela coa realidade e todos os días cae na necesidade de regresar. A aparición de Ricardo é para ela o derradeiro tren a unha vida de amor e felicidade, ou iso é o que a sociedade quere que adopte.

 

Deixou de aceptar ideas ou outras posibilidades. Cerrouse en banda. Ela queríao, sen dúbidas, polo que todo o que tivese que facer para manterse ao seu carón, entendíao como unha bendición. (páx.22)

 

A chegada a unha nova cidade e os primeiros meses con Ricardo son toda a vida desta muller ata case o final da novela. Non ten amizades nin motivos para saír a rúa. Co paso do tempo incluso chega a esquecer moitas veces a chamada diaria a súa familia, que simboliza para ela a conexión cos seus orixes. Finalmente a toxicidade remata coa relación e poderemos analizar o proceso de autodestrución progresivo de Marcela ata que atopa algo que a fai cambiar.

 

Nun principio pensara que podería seguir e chegou a convencerse totalmente diso, pero co paso do tempo estaba resultando unha tarefa demasiado ardua para ela. Co transcorrer dos días, amoreábanse lembranzas en exceso. Absolutamente todo o que tiña na cidade de Santiago era el. So él. Calquera cousa, por insignificante que fose, xiraba en torno á súa persoa e iso estaba a converterse nunha laxe excesivamente pesada. (páx. 37)

 

Tanto a edición como o texto desta novela están moi traballados. O título é perfecto xa que ilumina perfectamente a crítica que fai a autora o amor romántico, que sempre se presenta baixo a referencia da monumental capital francesa. Sen embargo tamén obsérvase nela unha derradeira chamada a esperanza  e a crer no avance da sociedade. Os capítulos son moi curtos e de fácil lectura e a carencia de extensas descricións substitúese por un continuo análise da psicoloxía e comportamentos dos personaxes.

 

 

En resumo, Non é París é unha novela que critica o amor "romántico" dende a base dunha relación tóxica. Unha análise que pode semellar inocente nas primeiras páxinas pero que resulta moi iluminadora co paso das páxinas

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com