I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Rosa Aneiros, A batalla da pequena Chañan Curi Coca

October 25, 2017

 

Título: A batalla da pequena Chañan Curi Coca
Autora: Rosa Aneiros

Ilustradora: Almudena Aparicio Andión
Editorial: Xerais
ISBN:  9788491212751
Nº de páxinas: 104 páxs

Sinopse:

 

A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Hai un grupo de persoas solidarias que está axudando a familia para lograr un aprazamento e evitar que os tres queden na rúa. Por riba, desde que a avoa Elizabeth marchou, os domingos perderon a maxia dos contos incas e cidades perdidas que tanto lle gustaban a Noelia. Como a guerreira inca Chañan Curi Coca, a escolleita, que nunca se rende, Noelia pensa nunha nova estratexia para, chegada a hora da batalla, organizar a defensa coa axuda da súa veciña Mamá Huaco.

En definitiva, e afortunadamente, a LIX non ten teito dentro da literatura galega. Os autores e autoras enchen cada mes as librarías do país con obras para os máis pequenos da casa que non fan máis que asombrar a lectores e crítica. Neste mes de outubro Rosa Aneiros, que volve cun novo libro tras un período de relativa inactividade, publica A batalla da pequena Chañan Curi Coca, unha obra na que introduce ós máis pequenos na desgraciada actualidade dos desafiuzamentos.

 

Nesta novela temos como protagonistas a dous irmáns moi diferentes. Noelia é unha nena soñadora, divertida, trapalleira e unha namorada dos libros e as historias que teñen lugar neles. Non perder oportunidade para dar vida ó que le neles e facer cousas que deixan pampos ó seu irmán e a súa nai.  Miguel é o irmán maior, pesa nel tanto o instinto de protección da súa irmá pequena como tamén a presa por crecer e vivir no mundo dos maiores. Un rapaz que gusta de xogar a facer pulseiras, cociñar e axudar a súa nai.  A combinación entre eles supón un paralelismo interesante sobre a (in)consciencia e (des)esperanza.

 

- Xa che dixen que eu non me quero ir de aquí!

- So é unha casa Miguel. Non esquezas que o importante somos nós, non o edificio. Hai cousas máis valiosas ca unhas paredes de cemento. O mundo é moi grande e poderemos vivir en calquera outro lugar. (páx. 27)

 

Na novela a nai adopta o papel máis complexo de presentar ós lectores máis pequenos. Os dous nenos viven no seu mundo pero ó mesmo tempo sofren o resultado do seu desgrazado periplo laboral e económico. A nai e forte, independente e loitadora e por iso goza da axuda de todos os veciños e do aparente "control" dunha situación que curiosamente so o poder da xenerosidade, a unidade e o amor solventará dunha maneira beneficiosa para todos.

 

O seu edificio de dous andares sempre fora unha illa no medio dun océano de silvas. O Huayna Picchu, a vella montaña que aparecía nos contos da avoa Elizabeth, murmuraba Noelia. A illa do capitán Calabrote, porfiaba Miguel. Pero ese día, rodeado por unha marea de persoas, berros e aplausos, a illla parecía menos illa e máis continente. (páx. 84)

 

Nesta novela vese perfectamente a combinación entre un mensaxe potente, unha historia divertida e uns personaxes cos que calquera pode identificarse. Rosa Aneiros tece unha novela cunha prosa sinxela e con capítulos breves que entretén ó mesmo tempo que amosa unha cruenta realidade a un público que moitas veces non se ten en consideración. 

 

A edición tamén merece comentarios non só pola beleza das ilustracións máis grandes e a varias cores, senón polo coidado dos detalles que aparecen en cada páxina. Estes aderezan a estética do libro e acompañan ó lector mediante unha liña continua chea de pequenas ilustracións ás páxinas de cada capítulo.

 

En resumo, polo seu mensaxe potente, o entretido da historia e os magníficos personaxes que ten, A batalla da pequena Chañan Curi Coca supón un chanzo máis na escaleira dunha LIX galega que, polo de agora, non ten teito.

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com