Recensión: Michael Ende, Jim Botón e Lucas o maquinista


Título: Jim Botón e Lucas o maquinista

Título orixinal: Jim Botom and Luke the Engine Driver Autor: Michael Ende

Tradución: Moisés Barcia

Ilustracións: Franz Joseph Tripp Editorial: Sushi Books ISBN: 9788416884025 Nº de páxinas: 244 páxs

Sinopse:

A illa de Lummerland quédalles pequena ós seus habitantes, de modo que Jim Botón, Lucas o maquinista e a súa locomotora Emma deciden marchar para viviren múltiples aventuras.

Un gran clásico sobre a amizade, o valor, o respecto e a igualdade, cheo de fantasía e humor.

Da man da tradución de Moisés Barcia temos unha das novidades máis interesantes de Sushi Books. Jim Botón e Lucas o maquinista é un dos grandes clásicos da literatura universal. Unha obra na que dous personaxes e amigos viven disparatadas aventuras que farán rir e pasalo ben tanto ós máis pequenos da casa coma os maiores.

Esta obra non era inédita en galego, pero o especial da edición de Sushi Book e o proceso moi coidado de confección. A tradución é bastante boa e aderezada coas ilustracións do famoso ilustrador e pintor alemán Franz Joseph Tripp, a capacidade de inmersión do lector no libro e nas aventuras que hai no seu interior, é moito maior.

Que vou dicir eu desta obra que non se dixera? É un pracer reler novelas como estas. É unha novela afincada no século XX da nosa historia pero chea de elementos anacrónicos e cousas incribles que fan dela un exercicio imaxinativo sorprendente. Jim e Lucas son os dous heroes desta historia e entre eles existe unha amizade tan forte, que non renuncian a ela pese a todos os problemas e vivenzas. É moi relevante o feito de que poderíamos dicir que a máquina, a locomotora a que ambos non queren renunciar, simboliza o feito de que queren dirixir o rumbo da súa vida. Outro punto para Ende.

Alguén podería preguntarse: para que necesita ter unha locomotora un país tan pequeno? Pois porque un maquinista necesita ter unha locomotora. Se non a tivese, que conduciría? Unha bicicleta, quizais? Entón sería un conductor de bicicletas, e un maquinista como é debido quere conducir locomotoras e nada máis. (páx.8)

En resumo, esta novela é unha lectura obrigatoria para toda a familia. Moi agradecido a Sushi Books por traer de novo este clásico á lingua galega.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com