I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Vanesa Santiago, A vida sinxela de Marcelo Firmamento

November 8, 2017

 

Título: A vida sinxela de Marcelo Firmamento
Autora: Vanesa Santiago

Colaxe da Portada: Hayat Husein
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788491510680
Nº de páxinas: 200 páxs

Sinopse:

 

A vida de Marcelo Firmamento estaba destinada a ser especial dende o seu nacemento, dende que as ondas mariñas tocaron o seu berce. A novela trasládanos á vila mariñeira de Sada nos anos corenta, alí escoitamos as historias do vello Rederrota, sentimos a dor do desamor, a interrogante ausencia dun pai e a irracional esperanza da nai, que levará a Marcelo Firmamento a percorrer o mundo en grandes buques e a descubrir misterios dos que remata por ser parte. E a balea… ai, a balea!

Ao lado de Marcelo Firmamento viaxamos de océano en océano tras a pista dun pai que non coñece e descubrimos un pobo, o galego, espallado polos cinco continente. A fantasía e a realidade mestúranse nun universo onde as quimeras, mesmo a da liberdade, cobran vida e poden resucitar, igual que o Taramanco.

 

A sorpresa para moitos foi maiúscula cando Vanesa Santiago (Fontán-Sada, 1973) fíxose co primeiro premio Illa Nova convocado pola editorial Galaxia. A autora, que so tiña unha "voluminosa" e moi recomendable novela en Urco Editora, Ninguén Lembra (2013) e varios relatos e textos en Contos estraños e outras publicacións colectivas, presentou unha novela que cativou o público e a crítica. Tras ler esta novela teño que dicir que eu súmome as boas opinións sobre a mesma.

 

A vida sinxela de Marcelo Firmamento é un libro cun título tan curioso como axeitado. Marcelo é un rapaz que goza dos praceres máis mundanos da vida pero que sen embargo ten unha forte ansia por crecer e coñecer mundo. É evidente que Marcelo ten estrela e o seu destino é diferente. Representa perfectamente o espírito do pobo galego, sempre respectuoso e namorado do seu pasado pero con poder para loitar nun futuro alleo. Todo o libro ten ese aroma salgado e os lectores navegan nun barco que segue a Marcelo por toda a xeografía do mundo. Unha viaxe chea de vaivéns onde a nobreza e tenra figura do de Sada conquista ó que le.

 

Marcelo, aproveitando os contos de Rederrota, faláballe das furnas e praias que se vían dende alí, no medio da ría, dos encantamentos aos que estaban ou estiveran sometidas no pasado, como a Covadanza, que estaba en Morazón, habitada por espíritos e almas en pena, e faláballe dos pazos de vidro e cunchas que construían as mulleres mariñas no leito do atlántico, algunhas millas máis alá, no mar de fóra, e da conta que había que ter con elas, que podían ser benéficas ou auténticas desalmadas, dependendo do trato. (páx. 36)

 

A viaxe de Marcelo é inseparable da tradición, da mitoloxía e das lendas propias do pobo galego. Sen embargo, estas non son simples referencias. Vanesa Santiago tece unha historia aparentemente sinxela onde todo estes elementos están en contacto sen chegar a colisionar. O pegamento neste caso é o xénero do realismo máxico, aínda que é evidente que hai trazos que recordan á estrutura da tradición oral e o relato máis clásico. 

 

Sentímonos tan preto do personaxe como do narrador. Nesta historia o narrador amosa unha omnisciencia total e traza a vida completa de Marcelo mediante os seus coñecementos e as declaracións de compañeiros e testemuñas. Unha visión tan completa da propia vida do noso protagonista que mesmo o narrador semella unha duplicación do mesmo.

 

Ás veces penso no ben que cheguei a coñecer a Marcelo, tanto que podo deducir o que pensaba. Non entendía que ocorrera realmente. (páx. 85)

 

Sen dúbida este libro ten que ser tido moi en conta. Se non vos convencen os meus argumentos, creo que debedes de ler unicamente o  fermoso primeiro capítulo desta novela, unha alfaia do texto. Non hai mellor forma para a estrea do premio Illa Nova que cunha historia tan fermosa, ben construída e que convida ó lector a unha longa travesía pola esencia do pobo galego.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com