Recensión: Kirmen Uribe, A hora de espertarmos xuntos


Título: A hora de espertarmos xuntos

Título orixinal: Elkarrekin esnatzeko ordua Autor: Kirmen Uribe

Traductor: Isaac Xubín Editorial: Xerais ISBN: 9788491212379 Nº de páxinas: 360 páxs

Sinopse:

A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado. Ao remate da guerra debe abandonar a súa terra e partir cara a Francia, onde pasa a formar parte da embaixada cultural vasca. Alí coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi. Xuntos percorren media Europa até que, a piques de caer París en mans dos alemáns, foxen a Venezuela. Xaora, a Historia irrompe de novo na súa vida. Cando Txomin decide sumarse aos servizos secretos vascos, a familia regresa en plena Segunda Guerra Mundial a Europa, onde el realiza labores de espionaxe contra os nazis até que é apresado en Barcelona, baixo unha ditadura á que non sobrevivirá. Karmele terá que arriscar a súa vida e partir, soa desta volta, coa esperanza cega de quen deixa atrás o máis prezado."A hora de espertarmos xuntos" é a gran novela sobre a historia vasca, española e europea desde o século XX até os nosos días.

Premio da Crítica Española (en euskera), 2016

A hora de espertarnos xuntos é unha das novidades en tradución de Xerais máis agardadas polos lectores. Unha novela moi documentada e traballada onde todo xira ó redor dunha familia coma calquera outra que pola súa ideoloxía política e social é perseguida e reprimida polo totalitarismo vixente en Europa durante os anos máis grises do continente.

Noite de artistas en Ibaigne de Antonio Guezala (1927)

Na súa primeira parte, a novela presenta unha multitude de perspectivas sobre a mesma realidade. A documentación, as testemuñas, os papeis e a necesidade da propaganda política no exterior xúntase coas vivenzas e desgrazas da guerra civil, sempre ben presentadas e normalmente xunto a un argumento de autoridade. Ó mesmo tempo temos unha perspectiva de Ondarroa, os traballos de Txomin e Karmele e as razóns para arriscar as súas vidas ó servizo do nacionalismo vasco.

Dende o punto de vista de importantes historiadores, a Guerra civil Española debe considerarse como un prólogo da Segunda Guerra Mundial, non só porque a precedeu, senón sobre todo porque serviu para a súa experimentación. Os bombardeos de Gernika, por exemplo, segundo proban recentes documentos e investigacións, leváronse a cabo como un ensaio do posterior asedio aéreo da cidade de Varsovia, e neles tomaron parte diversos personaxes que máis tarde desempeñarían un papel protagonista durante a segunda guerra mundial. Os nazis, mediante avións que executaban as técnicas denominadas Carpet bombing e Shuttle bombing, unha vez cercada a poboación e convertida así no seu obxectivo bélico, lanzaron de xeito indiscriminado entre trinta e unha e cuarenta e unha toneladas de bomba sobre Gernika, e foi tal a destrucción que causaron que só o un 1 por cento dos edificios da cidade quedou en pé. (páx. 41)

Na novela non se esquece presentar a realidade mediante a microhistoria. Os personaxes mediante cartas e documentos similares amosan a súa propia realidade e o resultado da vitoria da fronte nacional na guerra civil, tanto para o nacionalismo vasco como para as súas propias liberdades individuais.

A Guerra Civil fíxome pasar de ser o fillo dun millonario a un home arruinado. (...) Nada me ilusionaba naqueles momentos. O meu pasado quedara desfeito en Europa e todo acontecera nunha etapa da vida na que é difícil reconstruílo. Non fai falta morrear para que as vidas rompan. (páx. 64)

Na segunda parte temos unha visión moito máis profunda da vida en familia de Txomin e Karmele e os seus fillos. Unha vida marcada polos continuos encarceramentos de Txomin, o desemprego de Karmele e ocultar a verdade dun país mediocre e tóxico ós seus fillos. Nesta parte a introspección na psique dos personaxes e moito maior e ten moito máis importancia Karmele no seu papel de nai, muller e ideóloga política.

O seu raio de acción quedaba ben delimitado. Por un lado os axentes vascos actuarían no territorio español co obxectivo de reunir información sobre a política exterior franquista e, na medida do posible e pola súa maior trascendencia, para rastrexar calquera dato acerca dos plans de Hitler. O outro campo de batalla sería Latinoamérica, onde a colonia vasca era numerosa e estaba ben distribuída e, polo tanto, disposta a controlar os movementos nazis e mesmo capaz de sabotar as súas incursións suramericanas. (páx. 132)

En resumo, A hora de espertamos xuntos é unha das mellores lecturas que fixen este ano no ámbito da tradución. Grazas a Xerais e Isaac Xubín por traer este texto á lingua galega nun momento onde é tan necesario ler este tipo de libros.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com