Recensión: Fausta Cardoso Pereira, Dormir com Lisboa


Título: Dormir com Lisboa Autora: Fausta Cardoso Pereira

Capa: Jose María Picón Editorial: Urco Editora ISBN: 9788416121762 Nº de páxinas: 235 páxs

Sinopse:

Lisboa engole aqueles que a pisam. A calçada abre buracos para depois os fechar, como se nada tivesse acontecido. O desaparecimento inexplicável de cidadãos comuns em Lisboa é o ponto de partida para várias dimensões ficcionais entrançadas, como se cidade e texto fossem uma coisa só: um labirinto.

Enquanto o desconforto e a desorientação instalam-se na capital e os personagens procuram entender e resolver o problema dos desaparecimentos, Lisboa revela-se enquanto sistema vivo, com vontade própria, impossível de controlar.

Dormir com Lisboa é uma história que em vez de contar, pretende ouvir o que a cidade tem para dizer. É um abraço a uma cidade velha num contexto económico que a transforma todos os dias.

O premio Antón Risco convocado por Urco Editora e a Fundación Vicente Risco (entre outros colaboradores) tivo como primeiro gañador a Antonio M. Fraga coa súa obra Querido H.P. Lovecraft, obra que recibiu recentemente o Premio da crítica 2017. Agora, á espera de coñecer o terceiro gañador do premio, penso que é bo momento para falar un pouco do gañador da segunda edición, Dormir com Lisboa de Fausta Cardoso.

Esta novela é un organismo vivo en todo momento, de feito as chaves para comprendela son máis biolóxico-sociais que literarias. A autora reformula a cidade de Lisboa como un ser autónomo que participa da sociedade e que tenta implantar as súas propias regras. Esta cidade non só é o motor económico e político do país, senón o lugar onde se atopa a alma portuguesa. A autora explora o ADN do país para extraer del as súas miserias e amosar a rebelión contra o cosmopolitismo hermético que propón a globalización.

Como seria agora um fado cantado por Lisboa? Um fado onde a cidade deixou de ser poema para passar a fadista, como quem quer agarrar os versos na voz e assim manifestar-se, por si própia, numa matéria qque é sua? Seria um fado corridinho, uma guitarra com acordes ligeiros e versos rápidos num tom de quem fala a sério, mas em modo leve e de brincadeira? Ou seria antes um fado dolorido, sobre pena e outros lamentos acompanhados de uma guitarra indolente? Lisboa até podia cantar á desgarrada porque no que diz respeito ao Primeiro-Ministro, a cidade continuava num campo oposto ao dele, mas agora, com a fúria que transportava, Lisboa era como uma inimiga. (páx. 136)

O escenario, polo tanto, é protagonista principal na novela e a cidadanía é o seu "alimento". A través do realismo máxico, a influencia da estética tradicional e elementos fantásticos temos unha historia de aparente paranormalidade pero que non é máis que unha visita guiada por Lisboa na que a autora fai un panorama da sociedade portuguesa tradicional e o rumbo que seguiu durante os últimos anos. O concepto de "saudade", polo tanto, é esencial para comprender esta novela.

A historia transcorre nun tempo cronolóxico determinado con exactitude, o que permite construír unha obra cunha estrutura baseada en vintecatro capítulos de extensión desigual e cun peso potente do diálogo. A prosa é compacta, con períodos sintácticos longos e con moita tendencia a xogar coa metaliteratura e o metatexto. Os diálogos permítenlle a autora darlle voz a personaxes de distintas clases sociais e outorgar a obra un compoñente de "crónica" baseada nas testemuñas. A trama non ten puntos fracos e álxidos. Lisboa é a que é de principio á fin, o que cambia é o punto de vista da poboación sobre a realidade.

Lisboa estava sozinha embora não se sentisse sozinha. O vento secava roupa nos estendais, entrava pelos postigos abertos, empurrava do interior das casas para o exterior, para bem longe às vezes, o som dos programas televisivos, das conversas, o cheiro das torradas do pequeno almoço e da carne para outras refeiçoes. Lisboa via pessoas à janela, fumavam, falavam umas com as outras, vinham ver como estava a roupa se seca, se molhada, ou como estava o día, se sempre decidira deixar caír uma ou outra lágrima ou se rasgara as nuvens para lançar um sorriso aberto. Lisboa não se sentia sozinha porque as suas pessoas estivam-se para fora das casas, mesmo que permanecessem no seu interior. (páx. 142)

En resumo, Dormir com Lisboa é unha novela que xoga coa dicotomía fantasía-realidade, propia do realismo máxico, para chegar a unha atinada reflexión crítica. Unha lectura en clave literaria do que supón a perda de nocións tan importantes como a propia esencia. Agardemos que a terceira obra que saia destes premios manteña un nivel de calidade semellante.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

«pequena occidental,

confías na historia das palabras

porque nunca puideches confiar na dos homes»

    Alba Cid, Atlas (Galaxia, 2020). (Fragmento)

Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández 2020