I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Pablo Aranda, Ximena Maier e Anaír Rodríguez, De viaxe polo mundo. Contos e curiosidades.

November 29, 2017

 

Título: De viaxe polo mundo. Contos e curiosidades.

Autor: Pablo Aranda

Ilustracións: Ximena Maier

Tradución:  Anaír Rodríguez Rodríguez

Editorial: Xerais

ISBN: 9788491212652

Nº de páxinas: 98 páxs

Sinopse: 

 

Descubre os 5 continentes: Europa, África, América, Asia e Oceanía.Viaxa polo mundo da man dunha nena, un neno e un can, aprendendo unha morea de curiosidades. Percorre 22 países mergullándote na súa cultura e tradicións: España, Italia, Exipto, Etiopía, México, Perú, a China, Irán ou Australia, entre outros. Cun pasaporte para personalizar, pega a túa foto e escribe o nome dos países que visitaches.E… a cales che gustaría viaxar?

Este mes de outubro Xerais publicou un álbum ilustrado que merece algúns comentarios pola miña parte polo orixinal do tratamento dos seus contigos e a súa vertente didáctico-artística. Neste libro reformúlase o concepto de Atlas presentando a xeografía como un fermoso díptico entre literatura e historia, enchendo as páxinas de historia de moitos países do mundo e aderezándoo todo con historias curtas, divertidas e divulgativas.

 

A escolla dos países tamén é interesante porque hai moitas culturas subalternas para os europeos como a iraní e a etíope que están presentes entre as 22 nacionalidades que compoñen este volume. Sen embargo países europeos de gran importancia económica e poder non teñen unha páxina propia. Estas escollas amosan a intención dos autores, informar e chamar a curiosidade dos nenos sobre realidades que non están tan presentes no seu día a día.

 

No aspecto estilístico teño que destacar as fermosas ilustracións de Ximena Maier, que non escatiman en cores e enchen de beleza as páxinas de este álbum. O traballo cos textos por parte de Pablo Aranda e Anaír Rodríguez permítenos enfrontarnos con textos moi sintéticos e que enfocan as partes máis interesantes para os nenos.

 

En resumo, este album ilustrado é unha gozada para compartir cos pequenos da casa. Unha exposición xeográfica e histórica tanto do mundo coñecido como do subalterno dunha maneira moi entretida.

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com