Comunicado: Colaboracións mediante Patreon.


Dende Palabra de Gatsby cremos que compartir todo tipo de contido cultural é importante. Eu, David González (propietario e administrador da web) considero que a cultura é vital para facer país, para gozar dela e para cambiar esta sociedade na que vivimos.

Neste blogue, como ben sabedes, dedícome a crítica literaria, teatral e a entrevistas con personalidades do sector. Gústame dar visibilidade ós colectivos esquecidos, silenciados e infravalorados na literatura polo que construín iniciativas como “Recomenda autoras” e tamén dou visibilidade ó traballo de profesionais como artistas, corrector@s, editor@s, traductor@s e ilustrador@s. Teño outros proxectos en marcha dos que agardo dar máis detalles nos próximos meses.

A razón de crear este patreon é a miña necesidade de cubrir os custos económicos dun blogue no que a man de obra é totalmente gratuita (pese a que require moitas horas), pero no que o consumo da cultura ten prezos (mercar libros, asistir a espectáculos teatrais, desprazamentos para eventos…). O propio blogue como plataforma tamén ten custos como pagar ó propio dominio Premium de Wix (www.palabradegatsby.com), xa que senón non podería publicar tantas entradas nin manter a estética do blogue. Agora mesmo non teño traballo e ingresos mensuais polo que a petición xorde da necesidade, non da gula.

Négome a introducir anuncios ou publicidade na web debido a que non trato de vender este contido, senón de servir de apoio para visibilizar algo que amo tanto como é a literatura. Todo aquel que queira participar é benvido e recibirá a miña inmensa gratitude e as lamentables recompensas (que agardo mellorar no futuro).

Todo o que se reciba irá dirixido a mellorar a calidade do contido, da estética, nacemento de novas iniciativas e o acceso a eventos. Tamén permitirá ter novos productos culturais no blogue que por cuestións económicas non teñen tanta presencia e visibilidade no mesmo.

Se facedes click na imaxe poderes acceder as posibilidades de doazón e as recompensas das mesmas.

Tamén podedes entrar en: https://www.patreon.com/palabradegatsby

Por suposto, os que non participedes do Patreon gozaredes dos mesmos contidos que os demais, aínda que non poderedes intervir na súa liña editorial. Agardo que cando se estabilice a situación poida premiar dunha mellor maneira a aqueles que invirtan no proxecto (admítense suxerencias).

Moitas grazas pola comprensión!


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

«pequena occidental,

confías na historia das palabras

porque nunca puideches confiar na dos homes»

    Alba Cid, Atlas (Galaxia, 2020). (Fragmento)

Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández 2020