Recomenda autoras (Decembro 2017)

22/12/2017

Dende o meu recuncho na rede penso que é importantísimo dar visibilidade a obra de autoras. A literatura non é un eido alleo ó proceso de invisibilidade e desvalorización que sofre calquera exercicio tanto artístico como laboral da muller. O obxectivo desta iniciativa é darlle visibilidade a obra literaria das mulleres mediante recomendacións dos lectores do meu blogue.

 

Por segundo mes consecutivo teño que agradecer moito a masiva participación e o interese na iniciativa. Este mes, por cuestións de espazo, haberá participantes que vexan as súas recomendacións na entrada de Xaneiro e non nesta convocatoria. Disculpade as molestias.

 

Neste mes temos unha ilustración deseñada por Verónica Durán de Diente de Coral Ilustración (dientedecoral.bigcartel.com) que tivo a amabilidade de participar neste proxecto tanto recomendando autoras como cunha ilustración.  Podedes saber máis do seu traballo tamén no seu instagram @diente_decoral.

 

Ilustración de @diente_decoral para Recomenda autoras.

(Ilustración cedida pola autora e supeditada a dereitos de autor. Para a súa reproducción consulte coa autora)

 

 

Blanca Rodríguez: 36, de Nieves Delgado;  El corazón helado, de Almudena Grandes;  Clorofilia, de Cristina Jurado.

 

Luisa Abad: Funambulistas, de Mercedes Leobalde; Cardume, de Rexina Vega; Del color de la leche, de Nell Leyshon.

 

 
María Costa: Manual para mujeres de la limpieza, de Lucía Berlín; Canción dulce, de Leila Slimani; La librería, de Penélope Fitzgerald.

 

 


Marina Llompart: La plaça del diamant, de Mercè Rodoreda; Las pequeñas virtudes, de Natalia Ginzburg; La abadía Northanger, de Jane Austen.

 

 


Marta Escourido: En esta noche, en este mundo, de Alejandra Pizarnik; La composición de la sal, de Magiela Baudoin; Éramos unos niños, de Patti Smith.

 

Nari Springfield: Salvación, de Eva M. Soler e Idoia Amo; Hasta que el viento te devuelva la sonrisa, de Alexandra Roma; Prométeme todos tus días, de Clara Álbori.

 


Nerea Martínez: Ghostgirl, de Tonya Hurley; Donde los árboles cantan, de Laura Gallego; Música de cámara, de Rosa Regàs.

 

 
Sara Lectora: Herbarium, Las flores de Gideon de Anna Casanovas; Palabras que nunca te dije, de Maria Martínez; Caótica Jimena de Neïra, de Andrea Longarela.

 

Verónica Durán: Elexía a Lola, de Xohana Torres; Carne de Leviatán, de Chus Pato; Leonardo Davinci: obstinado rigor, de Teresa Garbi.

 

 

 

Agardo que botedes unha ollada a algún destes libros ou os agasalledes polo nadal. Tedes dende clásicos universais, poesía, novela, biografía, e ensaios ou libros de relatos ata historias moito máis exóticas e descoñecidas ou noutras linguas. Lembrade tamén que na páxina da plataforma A Sega tedes recensións e máis recomendacións de obras de mulleres.

 

Se queres participar na iniciativa en seguintes publicacións so tes que enviar un mail a palabradegatsby@gmail.com con tres obras coa súa correspondente autoría (tentando non repetir) en calquera lingua, xénero literario e formato. É preciso indicar no asunto da mensaxe o rótulo “Recomenda Autoras Xaneiro”. 

 

A nova convocatoria está XA aberta a homes, mulleres e menores (co consentimento expreso no mail dos seus pais) e pecha o 13/01/2017. Todas as mensaxes posteriores non se terán en conta para esa convocatoria.

 

Toda aquela persoa que queira colaborar na proposta (facendo ilustracións ou fotografías, recollendo títulos entre os seus familiares, deseñando un rótulo…) so ten que escribir ó mesmo correo indicándoo no asunto. Calquera achega é benvida.

 

Agradecería moitísimo a difusión en redes desta proposta e que vos animedes a participar para que sexa unha constante mensual no blogue.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Chegamos á cidade a través das pontes pero o noso destino non era río. Levabamos con nós a cativa
para amosarlle o bambear

dos encadeamentos que só relocen no maxín. Ás veces creamos
para crer.

Chegamos á cidade a través das pontes cos pés luxados e as linguas
en equilibrio.
Quitamos os zapatos brancos

de charol. Chegamos. Marchamos. Prometemos non volver.

Poema de Tamara Andrés, en Bosque vermello (Positivas, 2019)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com