I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Carlos Labraña, O valo

January 10, 2018

 

Título: O valo
Autor: Carlos Labraña

Ilustracións: Nuria Díaz
Editorial: Xerais

Colección: Biblioteca Dramática Galega
ISBN: 9788491212553
Nº de páxinas: 64 páxs

Sinopse: 

 

No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, a rosa do deserto, unha rapaza abandonada, que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Xaora, sentados de costas, mirando as estrelas fugaces no firmamento, Sahara e o Soldadiño comparten idéntico ceo e comprenden que só na procura dos seus soños atoparán a liberdade.Peza dun único lance para dous personaxes, "O valo" propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, o xurado salientou “o carácter sobresaliente” desta peza que ten a guerra de Siria como pano de fondo.

 

IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil, 2016

A ninguén sorprendeulle ver a Carlos Labraña como gañador do IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. O autor de Cedeira é unha das autoridades no que a literatura dramática infantil refírese. Por iso tampouco sorprende que O Valo, texto que valeulle o galardón, sexa un texto con moito que comentar e loar.

 

O clixé máis grande que existiu, e aínda sobrevive en pequenas doses, na LIX é o de que "os textos para cativos teñen que dar todo feito e repensado". Este texto é a enésima proba dese erro. Nesta obra, os protagonistas manteñen un fluído diálogo onde as ideas preséntanse dunha maneira fiada pero non forzada. Os lectores/espectadores teñen que darse de conta dos erros e acertos que existen nas afirmacións dos diálogos. Por iso, o texto contase dende unha óptica que permite posibilidade de repensalo.
 

Soldadiño: Fuches moi valente.

Sahara: Non. Se o fose, enfrontaríame aos soldados.

Soldadiño: Es demasiado nova para facelo, ademais non estabas armada.

Sahara: Podería facelo con palabras. (páx. 24)

 

O que se conta na historia ten moito de reivindicación e pouco de aventura. A conciencia é un eixo fundamental desta obra e o seu obxectivo é estimulala nas cabezas dos cativos. A isto engádese tamén a introdución das lendas árabes, e da propia lingua nalgún momento, que serve para darlle unha situación xeográfica aproximada a obra e presentar a necesidade de converxencia cultural.
 

Sahara: Ti, como Argol, es dúas estrelas, dous corazóns, un que te leva mesmo a matar en nome dunha patria, e outro que non cre niso senón na fraternidade. A cal atendas é cousa túa.

Soldadiño: Pero... eu non podo facer nada!

Sahara: E dismo a min, a unha rapaza abandonada nunha terra sen esperanza? Acaso es de chumbo ou de pedra para non poderes facer nada? (páx. 45)

 

Respecto da edición do libro hai que felicitar tanto equipo editorial como o traballo brillante de Nuria Díaz. Todas as ilustracións que aparecen neste libro facilitan moitísimo ós escolares a posibilidade de representación e son un traballo fermoso.

 

En resumo, O valo de Carlos Labraña é unha marabillosa peza dramática sobre a inxustiza, a loita contra o peche de fronteiras, a necesidade de converxencia cultural e a conciencia. Unha homenaxe os refuxiado e os oprimidos ó alcance dos máis pequenos. Non a perdades!

 

 

 

Para producir e publicar recensións, iniciativas culturais e entrevistas de calidade sen recorrer a publicidade, este blogue ten como  financiamento único unha campaña de doazóns mensuais en Patreon. Podes participar nela dende un euro ó mes e, grazas a iso, contribuirás a manter este espazo e a publicación frecuente de contido.


https://www.patreon.com/palabradegatsby
 


 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com