I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Eli Ríos, Culpable

January 17, 2018

 

Título: Culpable
Autora: Eli Ríos
Editorial: Xerais

Deseño da cuberta: Miguel Vigo
ISBN: 9788491212942
Nº de páxinas: 72 páxs

«Declárome culpable: / asasinei o eu lírico». Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da "high art". Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio. Soltarás cancelas (enxértese unha advertencia aquí) e bosquexarás sorrisos neste enredo paranoico dos artefactos artísticos preparados para estoupar en calquera momento. Sen artificios. Con sinceridade animal. Estás preparada, entón, miña querida persoa lectora, para darlle ao play e comezar o xogo?

 

IV Premio de Poesía Gonzalo López Abrente

Atopámonos ante un libro rebelde que critica e denuncia sen remorsos e desestabiliza os piares academicistas da lírica de comezo a fin. Un conxunto de textos que transmiten sentimentos dende a súa verdade, sen aderezos estilísticos de ningún tipo. 

 

Neste libro maniféstase de forma explícita a disconformidade dun eu que non quere ser suxeito de nada nin de ninguén. Unha chamada a liberación do individuo de calquera obstáculo que supoña unha limitación para o seu desenvolvemento e unha crítica consciente a calquera convención do xénero poético.

 

 

Serei unha muller con voz de home, hermafrodita, un home feito muller

ou a voz que me dea a santa gana entre as estrofas porque o eu na lírica

só ten as arestas que a miña vontade module para tecer este momento.

 

Así que... Faime o favor e afasta de min os devezos culturalistas e académicos! (...)

(páx.8)

 


Culpable é un poemario voluntariamente incómodo tanto na súa escrita como na propia disposición no papel. Nos versos non se respira unha necesidade de darlle ó lector o traballo feito. Convídase ó lector a buscar a esencia dos textos e a reestruturar a súa visión dos límites do poético. Os elementos mass media combínanse con referentes poéticos que pese ó ton desenfadado do poemario, están ben elixidos.

 

A cambio das túas cookies prométoche unha boa morea deses poemas líricos que che gustan.

 

Eses nos que ti serás a persoa que os experimente: a túa vida exposta ao público.

Levareite dentro dos versos e ti regresarás, no final, para cumprir a túa promesa:

 

axudarasme a capturar os suxeitos e soterralos no fondo dos alxubes para dragóns.

(páxs. 26, 27)

 

 

Xogando coa polémica dende o propio conflicto, cunha perspectiva eminentemente crítica e convidando a unha lectura dinámica que destrúe estruturas poéticas convencionais co paso das páxinas; Culpable convértese nun dos libros poéticos máis interesantes de entre as novidades literarias en lingua galega.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Quén preservará todos os contornos da conciencia.

Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,

o meu impúdico nome que codifica e devora.

Quén pode prescribir tantos equívocos moldes

por encima desta fiestra construída polo corpo.

Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria

cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?  [...]

..

Yolanda Castaño, en Delicia (Espiral Maior,1998)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com