I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recomenda autoras (Xaneiro 2018)

January 24, 2018

Dende o meu recuncho na rede penso que é importantísimo dar visibilidade a obra de autoras. A literatura non é un eido alleo ó proceso de invisibilidade e desvalorización que sofre calquera exercicio tanto artístico como laboral da muller. O obxectivo desta iniciativa é darlle visibilidade a obra literaria das mulleres mediante recomendacións dos lectores do meu blogue.

 

Este mes de Xaneiro a participación foi moi pequena mais temos por vez primeira participación de homes, o que é algo moi importante e interesante para a mesma. Agardo que a participación aumente para non ter que dar a iniciativa por pechada.

 

Neste mes temos unha fotografía de Eva Cañizares Álvarez que tivo a amabilidade de participar neste proxecto tanto recomendando autoras como con esta achega audiovisual. Podedes saber máis do seu traballo fotográfico tamén no seu instagram @pecarcongusto.

 

"Mulleres bravas da vida cotiá" de Eva Cañizares (@pecarcongusto)

 

A elección desta fotografía, entre outras das que chegaron este mes, ten que ver coa intención de expresar o noso apoio a inxusta situación laboral que viven as mulleres que traballan os nosos campos. Dende aquí envíamos todo o apoio, agarimo  a estas mulleres que loitan pola igualdade dende eido agrícola.

 

 

Antonio M. Fraga: Mana, de Joana Estrela; Os escaravellos voan á tardiña, de Maria Gripe; O sombreiro do mago, de Tove Jansson.

 


Arantxa Treus: Degenerado, de Chloe Cruchaudet; Canción dulce, de Leila Slimani; Persépolis, de Marjane Satrapi.

 

 


Carmeiga: A perspectiva dende a  porta, de Patricia Janeiro; Sangue 12, de Cris Pavón; Cansadas, de Nuria Varela.

 

 


Esther: Estrellita marinera, de Laura Esquivel; Manderley en venta, de Patricia Esteban Erlés; O pozo da ferida, de Medos Romero.

 

 

Eva Cañizares: Muñecas Viventes. El regreso del sexismo., de Natasha Walter; Amistad de juventud, de Alice Munro; El dios de las pequeñas cosas, de Arundahati Roy.

 

 


Helena LF: El Diario Violeta de Carlota, de Gemma Lienas; El sexo de la risa, de Irene X; El viaje de Parvana, de Deborah Ellis.

 

 

Iria Pedreira Sanjurjo: Canto e fragmentos, de Safo; De la Ilíada, de Rachel Bespaloff; The Time of my Life. Un ensayo sobre como el cine de los ochenta nos enseñó a ser más valientes, más feministas y más humanos, de Hadley Freeman.

 

 

Laura Iturralde: Na Butaca, de Esther Carrodeguas; Os cans non comprenden a Kandinsky, Avelina Pérez; Orlando, de Virginia Woolf.

 

 

Mar García Pérez: La tribuna, de Emilia Pardo Bazán;  La ola, de Suzy Lee; Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren.

 

 

Sandra Queiruga: Sapos e sereas, de Ana Cabaleiro; Na casa da avoa, de Marta Dacosta, Resistencia, de Rosa Aneiros.
 

 

Xian Lois Alcayde: Carta a un niño que no llegó a nacer, de Oriana Fallaci; Usos amororosos de la posguerra española, de Carmen Martín Gaite; A balada do café triste, Carson Mccullers.

 


Xosé Iglesias: As idades perdidas, de María Carmen Caramés Gorgal; O segredo de Sheela na Gig, de Iolanda Aldrei; Victorianas, de Marilía Miranda Lòpes.
 

 

 

Agardo que botedes unha ollada a algún destes libros ou os agasalledes. Tedes dende clásicos universais, poesía, novela, biografía, e ensaios ou libros de relatos ata historias moito máis exóticas e descoñecidas ou noutras linguas. Lembrade tamén que na páxina da plataforma A Sega tedes recensións e máis recomendacións de obras de mulleres.

 

Se queres participar na iniciativa en seguintes publicacións so tes que enviar un mail a palabradegatsby@gmail.com con tres obras coa súa correspondente autoría (tentando non repetir) en calquera lingua, xénero literario e formato. É preciso indicar no asunto da mensaxe o rótulo “Recomenda Autoras Febreiro”. 

 

A nova convocatoria está XA aberta a homes, mulleres e menores (co consentimento expreso no mail dos seus pais) e pecha o 15/02/2017. Todas as mensaxes posteriores non se terán en conta para esa convocatoria.

 

Toda aquela persoa que queira colaborar na proposta (facendo ilustracións ou fotografías, recollendo títulos entre os seus familiares, deseñando un rótulo…) so ten que escribir ó mesmo correo indicándoo no asunto. Calquera achega é benvida.

 

 

Para producir e publicar recensións, iniciativas culturais e entrevistas de calidade sen recorrer a publicidade, este blogue ten como  financiamento único unha campaña de doazóns mensuais en Patreon. Podes participar nela dende un euro ó mes e, grazas a iso, contribuirás a manter este espazo e a publicación frecuente de contido.

 

https://www.patreon.com/palabradegatsby

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com