"Garage saca lustre ós prexuízos na industria do automóbil" (A Movida, 26/02/2018)

26/02/2018

Voadora sempre é sinónimo de espectáculo. Non hai ningunha montaxe desta compañía que transmita indiferenza ó espectador. O signo de identidade de Voadora e, en concreto, das obras dirixidas por Marta Pazos é o afán ruturista e a esquizofrenia escénica. Garage non ía ser cousa distinta.

 

 

Texto: David González

Fotografías: Voadora

Garage non é unha obra de teatro, tampouco un documental, nin unha performance. Os espectadores presencian un obxecto orgánico, con testemuñas reais, sen discursos estritamente guionizados e cun obxectivo claro, reivindicar a desigualdade laboral das mulleres no ámbito das fábricas de automóbiles e, por extensión, en todos os sectores. Esta intención microhistórica deixase clara dende o comezo da peza, na que colocan ás traballadoras de PSA-Citroen (agora actrices) simulando representar os barrios da cidade de onde proveñen, sendo o fío condutor o seu traballo na fábrica.

 

Este espectáculo cargado de ideais non pretende ser unha mensaxe sinxela. Este garaxe propón unha clara perspectiva bidimensional ó espectador: ese lugar onde as mulleres son recluídas no esquecemento e a desigualdade e o garaxe máis físico como lugar de traballo do persoal feminino de PSA-Citroen. Dentro deste primeiro garaxe temos as historias individuais, os problemas da inexistencia representación da muller nos protocolos de seguridade dos vehículos ou a problemática coa publicidade de protagonismo feminino. No segundo, o máis sensible, temos o acoso que sofren as traballadoras ó entrar nun espazo onde son discriminadas polos seus compañeiros e xefes, cun ton eminentemente satírico coa lectura das “normas para tratar a unha compañeira de traballo” ou as conversas da muller co vehículo que, evidentemente, é un interlocutor con trazos canonicamente masculinos pese a ser unha máquina.

 

O espazo escénico limítase a un espazo baleiro cun vehículo que se move durante toda a obra a vontade das mulleres que o desprazan en peso. Respecto dos efectos sonoros, esta peza pretende integrar un compoñente de visceralidade e esquizofrenia nos actos máis performativos. Case toda a “banda sonora” componse de música electrónica ideal para os comportamentos impulsivos, a danza máis mecánica e o frenetismo das accións. Os xogos de luces, algunhas veces case epilépticos, tamén condimentan perfectamente esta atmosfera.

Mención especial merece a escolla dun elenco real con traballadoras da fábrica e que pese a non ter formación teatral, polo menos en aparencia, conseguen facer da súa naturalidade a ferramenta máis útil para comunicar en escena. O texto non se cuspe, nace do propio discurso individual das actrices e cóntase de forma distinta en cada show. Para pechar o espectáculo intervén unha parella de mozos, que se realizan un cuestionario no que comparten a súa visión da realidade respecto da desigualdade de xénero.

 

Esta obra, que dura apenas unha hora, funciona bastante ben entre o público. Podemos criticar nel que se poderían introducir máis sketches, non estritamente en sentido cómico, e que se podería explotar aínda máis a figura dos mozos que pechan abruptamente a peza.

 

En resumo, Garage non é un espectáculo fácil de definir pola complexidade que supón a mestura de elementos. Quizais tamén é mellor así. O que si queda claro é que achega unha visión reivindicativa do papel da muller no traballo e na vida social, que recrimina os comportamentos machistas dende a sátira e que supón un desafogo necesario para as mulleres, que rematan enxaboando un vehículo para limpar todo os prexuízos que hai nel, ó ritmo da liberdade.

 

 

(Este texto publicouse na revista online A Movida o 26 de febreiro de 2018)

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com