Recensión: María Victoria Moreno, "A brétema" e "O cataventos"

09/03/2018

Cada vez máis preto do día das letras galegas, adicado este ano a María Victoria Moreno, Urco Editora publica nunhas coidadísimas edicións ilustradas dous breves relatos da autora para os máis cativos. Sen dúbida temos ante nós exemplos das grandes xoias, agardemos que imperecedoiras, que se poderán adquirir este ano nas librarías do país.

 

 

 

Título: O cataventos
Autora: María Victoria Moreno

Ilustradora: Lara Torres Rodríguez
Editorial: Urco Editora
ISBN: 9788416121946
Nº de páxinas: 36 páxs

 

Este é quizá o texto menos literaturizado dos dous comentados, mais non significa iso que é de peor calidade. O cataventos é unha historia tecida con moito tino e que ten como protagonistas a galiñas e paxariños. O valor desta historia é que amosa que a envexa, o ego e a ambición non son grandes conselleiras e levan a tristura e a soidade. 

 

Aderezado coas fermosísimas e rechamantes ilustracións de Lara Torres é un verdadeiro pracer consumir esta pequena gran historia que tantos valores e ensinanzas transmite.

 

 

 

 

 

 

 

Título: A brétema
Autora: María Victoria Moreno

Ilustradora: María Montes Sueiro
Editorial: Urco Editora
ISBN: 9788416121939
Nº de páxinas: 36 páxs

 

 

 

Persoalmente é difícil non expresar a miña admiración ante esta historia. A brétema é un relato cun contido literario fascinante. Baixo a mesta e fermosa néboa deste relato atópase o mellor exemplo da calidade literaria da autora. Neste relato se combina a axeitada personificación dos elementos naturais, unha narración case lírico-musical e o enxeño das grandes autoras.
 

A suavidade que transmiten as ilustracións de María Montes, grazas a utilización de cores menos intensas e a trazos finos, fai da experiencia lectora un pracer para os máis pequenos da casa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com