Recensión: María Victoria Moreno, "A brétema" e "O cataventos"


Cada vez máis preto do día das letras galegas, adicado este ano a María Victoria Moreno, Urco Editora publica nunhas coidadísimas edicións ilustradas dous breves relatos da autora para os máis cativos. Sen dúbida temos ante nós exemplos das grandes xoias, agardemos que imperecedoiras, que se poderán adquirir este ano nas librarías do país.


Título: O cataventos Autora: María Victoria Moreno

Ilustradora: Lara Torres Rodríguez Editorial: Urco Editora ISBN: 9788416121946 Nº de páxinas: 36 páxs

Este é quizá o texto menos literaturizado dos dous comentados, mais non significa iso que é de peor calidade. O cataventos é unha historia tecida con moito tino e que ten como protagonistas a galiñas e paxariños. O valor desta historia é que amosa que a envexa, o ego e a ambición non son grandes conselleiras e levan a tristura e a soidade.

Aderezado coas fermosísimas e rechamantes ilustracións de Lara Torres é un verdadeiro pracer consumir esta pequena gran historia que tantos valores e ensinanzas transmite.


Título: A brétema Autora: María Victoria Moreno

Ilustradora: María Montes Sueiro Editorial: Urco Editora ISBN: 9788416121939 Nº de páxinas: 36 páxs

Persoalmente é difícil non expresar a miña admiración ante esta historia. A brétema é un relato cun contido literario fascinante. Baixo a mesta e fermosa néboa deste relato atópase o mellor exemplo da calidade literaria da autora. Neste relato se combina a axeitada personificación dos elementos naturais, unha narración case lírico-musical e o enxeño das grandes autoras.

A suavidade que transmiten as ilustracións de María Montes, grazas a utilización de cores menos intensas e a trazos finos, fai da experiencia lectora un pracer para os máis pequenos da casa.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com