Recensión: Andrea Maceiras, Proxecto Bolboreta


Título: Proxecto bolboreta Autora: Andrea Maceiras Editorial: Xerais

Colección: Fóra de xogo ISBN: 9788497828246 Nº de páxinas: 120 páxs

Sinopse:

Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como “Efecto Bolboreta”, acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: “o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo”. Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soño que merece ser cumprido.

Premio Certame Micronovela Concello de Soutomaior 2007

Fai case 10 anos Andrea Maceiras facía o seu debut na colección Fóra de Xogo con Proxecto Bolboreta (Premio Certame Micronovela Concello de Soutomaior 2007) unha micronovela na que se atopan os primeiros esbozos dos elementos que integrarían as súas posteriores historias. Aproveitando a miña relectura deste libro, aproveitemos para falar un pouco del.

A trama deste libro presenta varias historias que se conectan entre elas por fíos de amor e ciencia. Nas poucas páxinas que compoñen este libro hai tempo para experimentar sensacións tan dispares como o (des)apego, (des)ilusión, traizón ou amor dunha maneira moi ben dirixida. As limitacións na extensión e a formulación da novela non fan que teñamos un libro de cheo de esbozos, senón un produto rematado e redondo.

A nivel narrativo non destaca polas súas potentes sentenzas nin por alardes de estilo. Este libro é pura e intensamente narrativo de comezo a fin. As anotacións do diario de Hadrián e as historias de An-Mei ou Pierre non son uns espazos creados ad hoc para introducir discursos e reflexións sobre a propia vida. Co paso das páxinas integrámonos no mundo das personaxes e somos nós os que temos que extraer o contido de fondo no texto.

En resumo, Proxecto Bolboreta é un libro moi intenso de ritmo áxil e un canto ós soños e a aqueles que soñan. Cheo de caracter e inconformismo pese a inexperiencia e dun fermoso concepto do amor, Andrea Maceiras debutou con éxito da man desta historia na colección xuvenil de Xerais.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com