I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Segundo Anfiteatro: Después del ensayo de Ingmar Bergmann (Vigo, 08/03/2018)

March 15, 2018


EQUIPO ARTÍSTICO


Autor: Ingmar Bergman
Versión: Joaquín Hinojosa
Dirección: Juan José Afonso
Escenografía: Josep Simón + Eduardo Díaz
Iluminación: Felipe Ramos (A.A.I.)
Música Original: Luis Delgado
Vestuario: Ana Llena + Alejandra Hernández
Ayudante de Dirección: Sofía Monreal
Fotografía y diseño: Javier Naval
Construcción decorado: NEOescenografía
Producción Ejecutiva: Víctor Fernández Guerra
Producción: Grey Garden S.L. + Tossal Producciones

 

REPARTO
Emilio Gutiérrez: Director
Chusa Barbero: Raquel
Rocío Peláez: Ana

 

 

 

O pasado e histórico xoves 8 de marzo tivemos ocasión de gozar no Teatro García Barbón de Vigo da representación de Después del ensayo de Ingmar Bergmann, ata o de agora so levada á escena en catalán, con Emilio Gutiérrez, Chusa Barbero y Rocío Peláez como protagonistas.

 

Nunha xornada de reivindacións feministas tivemos ocasión de vivir unha máis en escena. Esta peza é unha homenaxe as figuras femininas que influíron na vida de Bergmann dunha maneira notable. Pese a que era un home hermético e moi complicado no persoal, aproveita este derradeiro texto teatral para dotar de vida a aquelas pantasmas persoais que o atormentaron durante toda a vida. Nesta peza o medo, a falta de sensibilidade, o desexo (sexual), a vellez ou a apropiación da profesión como maneira de entender a vida son os elementos protagonistas.

 

 

 

Por suposto, isto non quere dar a entender que Bergmann fose feminista. Neste texto está a derradeira oportunidade de redención para un home que aparentaba baleiro. Todos eses maltratos e erros do pasado se observan dende outro punto de vista moito máis sensible e xustificativo. A aparición dunha nova actriz (Rocío Peláez) para o mesmo papel que representou a nai dela (Chusa Barbero), supón unha nova volta ós inicios do director (Emilio Gutiérrez) que non quere cometer os mesmos erros.

 

 

Esta historia sitúase no teatro despois dos ensaios, un lugar cheo de atrezzo doutras montaxes dirixidas polo director. Estes elementos serven tamén como axuda para recompor feitos pasados e para a introdución de flashbacks. Este é o espazo onde o autor séntese completamente libre para combinar ideas e reflexionar sobre as súas accións. A invasión deste espazo por parte das dúas mulleres trae consigo o conflito, tanto interno como dia lóxico, e tamén amosa as dúas caras máis extremas do director. Neste feito está o contido indirectamente feminista da obra, a necesidade de penetrar os espazos patriarcais e autónomos para convertelos en feministas e colectivos.

 

Imaxes da representación da peza. (Fonte: greygarden)

 

 

O traballo do elenco nesta peza é sublime. A calidade dos integrantes é xa coñecida por outros traballos en escena e tamén para o audiovisual. Especial atención merece o traballo das actrices, que exercen un dobre papel como personaxes e metapersonaxes. O traballo coas emocións, o xogo coa sensibilidade e amosar un carácter forte nas situacións que o requiren fainas moi versátiles e que doten de potencia a un discurso.

 

Neste espectáculo a palabra e o discurso priman sobre a actuación. Asistimos a unha obra cun peso enorme do diálogo e que ignora un pouco a expresión máis artística e parateatral. O espazo escénico ten un deseño moi atinado, máis podería aproveitarse moito máis co resultado de liberar os movementos dos actores. O problema deste tipo de espectáculos é que aquel que non siga o discurso con facilidade ou perda o fío pode rematar de visionar o espectáculo sen comprender o seu contido.

 

Deseño do espazo escénico (Fonte: greygarden)

 

En resumo, esta peza é un manifesto potencial co que definir o oficio teatral e a todos aqueles que participan del. Os personaxes interiorizan os comportamentos escénicos dunha maneira que non lles permite ver a vida de outro modo. A paixón, dedicación e impulsividade que precisa este tipo de arte non lles permite conectar cun mundo que non utiliza ese mesmo código. Un lamento dun Bergmann que non puido sumarse a unha causa, a igualdade, e a un momento, a vida extraescénica, que nunca identificou e de cuxa existencia decatouse tarde.

 

Non podo rematar o comentario sen facer referencia ó discurso das dúas actrices deste espectáculo antes de comezar a peza. Nun día tan importante no que non puideron participar dos actos desa tarde, enviaron unha mensaxe de igualdade, solidariedade e apoio a todas esas mulleres que, como elas, xa non queren participar máis da subalternidade á que as someteu a sociedade patriarcal. É que, como di o título desta peza, despois do ensaio que supuxo para todos esta folga virá un espectáculo aínda maior que será, por suposto, feminista.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Quén preservará todos os contornos da conciencia.

Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,

o meu impúdico nome que codifica e devora.

Quén pode prescribir tantos equívocos moldes

por encima desta fiestra construída polo corpo.

Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria

cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?  [...]

..

Yolanda Castaño, en Delicia (Espiral Maior,1998)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com