Recensión: Uxía Casal, Saturno tamén é deus


Título: Saturno tamén é deus Autora: Uxía Casal Editorial: Urco Editora

Selo: Alcaián ISBN: 9788491210160 Nº de páxinas: 232 páxs

Sinopse:

Nos catorce relatos que compoñen Saturno tamén é deus o descoñecido, a angustia, o medo e mesmo a morte aparecen como un elemento común, que asume unha condición protagónica e activa, con tal poder que son quen de converter os seres humanos en meros instrumentos dun xogo no que camiñan ás cegas polo fío que separa a loucura da cordura. Catorce relatos de medo nos que a ben dosificada intriga ofrece unha conclusión sorprendente e inesperada que manterá a quen os lea coa sensación de non poder desprenderse deles. Esta nova edición, que ve a luz 20 anos despois da primeira, inclúe, a maiores dunha coidadosa revisión da propia autora, un novo relato: «O pequeno Mario».

É moi complicado tecer relatos partindo unicamente de sentimentos polo grao de abstracción que precisan. Saturno tamén é deus de Uxía Casal é un bo exemplo dun libro de relatos tecidos cos fíos da vida e que converten os sentimentos e sensacións en algo máis tanxibles. Urco Editora reedita este libro nunha edición revisada pola propia autora e cun novo relato.

Os catorce relatos deste libro suponen un traballo narrativo brillante. Uxía Casal amosa un talento narrativo a ter en conta mediante textos cun estilo moi coidado, ecos da tradición oral e imaxes moi potentes. Estes relatos constitúen pequenas historias de extensión desigual, con formatos diferentes que amosan unha boa capacidade de síntese por parte da autora.

Notou un alento morno na man e meteuna axiña na calor das mantas. Seguro que algún deles saíra xa da súa toqueira e revoaba polo cuarto ao axexo dunha boa ocasión. Tapou a cabeza coas sabas; o latexo abouxador enchía o niño cálido da cama, o estómago revolto, a angustia no ventre... Sentiu os chíos moito máis preto, como se estivesen fóra do estudio e se dirixisen moi devagar ao dormitorio tocándoo todo, gozando por adiantado do que ían facer, envorcallándose na alfombra do corredor como nenos malos... (páx.67)

Ás veces escribía- como estou a facer agora- por un afán que eu calificaría de terapéutico, por aquilo de que quizais non era demasiado san non se comunicar nunca. O papel era un bo confidente e xamais me contradicía nin me traizoaba, virtudes estas que eu valoraba até o infinito. (páx. 20)

Saturno tamén é deus é un libro no que observa perfectamente o talento de Uxía Casal como narradora. Un mollo de relatos nos que o ser humano trátase cinicamente como instrumento para amosar os seus máis escuros comportamentos e debilidades.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com