"Raclette cociña a lume lento a realidade" (A Movida, 6/04/2018)

06/04/2018

Onte tivemos ocasión de gozar en Vigo da peza máis completa de Ibuprofeno teatro. Unha obra que logra unha catarse en comunidade ó facer que o espectador forme parte de dúas ceas privadas, que se desenvolven simultaneamente, con distintos participantes e que aparentemente non teñen nada máis en común co seu menú. 

Texto: David González

Fotografías: Dossier para prensa

Comecemos as notas deste espectáculo cunha confesión. Xa asistín tres veces a este espectáculo. Semella que isto fai que coñeza todos os seus aspectos e tamén que detecte as súas miserias con facilidade. Gustaríame que iso fose certo, máis este Raclette ten tantos ingredientes que supón unha experiencia distinta en cada posta en escena. Como é posible isto se texto, elenco, decorado ou outros elementos parateatrais son sempre unha constante?

 

Santiago Cortegoso tece un texto onde nada é observado dende unha verdade universal. Todas as personaxes teñen unha visión diferente dos mesmos referentes e iso fai que o espectador teña que escoller a cara da moeda coa que máis cómodo se sinta. Todos os temas que preocupan a sociedade teñen presenza neste texto: traballo, amor, alimentación, política, maternidade, cultura, arte, economía ou ética. O estado de ánimo ou as realidades de cada espectador favorecen maneiras distintas de enfrontarse ó que nel se conta.

 

O paralelismo é, por esta razón, un dos elementos que máis engrandece este espectáculo. Ademais de a nivel discursivo e na sucesión dos acontecementos, tamén pode verse no posto que ocupa cada un na mesa e na necesidade de que en moitas ocasións dúas persoas se despracen de maneira que semellen unha espello da outra.

O compoñente “gastronómico” do espectáculo é todo un espectáculo por si mesmo. En escena as dúas cenas suceden nunha mesma mesa polo que hai todo un arte cerimonial e coreográfico á hora de arranxar a mesa, preparar e incluso consumir os distintos alimentos que hai nesta Raclette. Saltamos dunha cea a outra e somos conscientes de onde estamos pese a aparente homoxeneidade escénica.

 

A construción do espazo escénico é todo un traballo de enxeño. Á bancada xeral do teatro engádese a posibilidade de ter acomodo no escenario nunhas localidades ó redor da mesa. Tiven a oportunidade de ver este pase dende esa posición e paréceme unha decisión brillante. Xa que favorecen moitísimo o efecto de inmersión, grazas tanto a sensación de proximidade cos personaxes e os seus problemas, como á hora de captar os aromas que desprenden os alimentos.

O traballo do elenco é brillante. A calidade dos actores e actrices escollido e innegable e conseguen transmitir todas as emocións de aparente esforzo, pese as limitacións do espazo escénico, que requiren a concentración de manter o discurso ou preparar os alimentos. En especial destacaría ás actrices neste espectáculo, xa que as personaxes femininas nesta peza asumen con forza e valor a súa realidade fronte a fraqueza das masculinas que adoptan aptitudes extremas e incorrectas ante os seus problemas.

 

En resumo, Raclette é un espectáculo que comunícase co público de moitas formas, polo que é imposible que non lle agrade. Un produto artístico tan coidado que acada a perfección e que pon enriba da mesa todos os ingredientes precisos para cociñalos a lume lento e que o público se alimente de realidade.

 

(Este texto publicouse na revista online A movida o 6 de abril de 2018)

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com