"Polvorones" reconquista o teatro cómico (A Movida, 9/04/2018)

09/04/2018

 

Esta fin de semana de reconquista con moita auga e choripáns, deixounos tamén a posibilidade de asistir o domingo a representación do espectáculo cómico e teatral Polvorones no teatro García Barbón. Nel un público, non moi numeroso pero entregado, participou dun espectáculo desenfadado e terriblemente divertido.

Texto: David González

Fotografías: Cedidas pola compañía.

Polvorones presentouse na escena cun elenco integramente feminino e unha representación baseada en pequenas escenas cun formato semellante ós sketchs. As historias estaban fiadas polas diferentes aventuras e desventuras dun grupo de amigas (in)fieis. A proposta aliméntase directamente doutros estilos como o Stand up comedy, o monólogo clásico ou o teatro de improvisación, polo que xera un produto dinámico onde o público pode participar.

 

O escenario responde a ese principio de dinamicidade e componse de elementos móbiles intercambiables que xeran a impresión dun crebacabezas adaptable a cada situación. A simpleza do elemento escénico esixe tamén un traballo extra por parte do discurso e das actrices que o souberon salvar con solvencia.

 

A comicidade do texto baséase nas confrontacións entre as personaxes e principalmente nos seus ataques de impulsividade. Aínda que non se renuncia ó humor máis clásico, desenfadado ou castizo a obra integra elementos de humor máis intelixente como os conflitos lingüísticos e fonéticos ou os dobres sentidos. Consegue manter unha estabilidade que fai que todos os sucesos sexan divertidos e estean ben combinados.

 

A actuación do elenco é sensacional. Vese a complicidade entre elas que xorde de moitos bolos do mesmo espectáculo en combinación coa credibilidade que achegan as súas personaxes. Tamén é ineludible sinalar que a comedia esixe unha naturalidade e un perfil que fai que non sexa un eido apto para todos os profesionais, neste caso estas mulleres aproban con nota.

Non podo finalizar esta análise sen mencionar a brillante actuación da viguesa Jazmín Abuín. A actriz, que esta vez xogaba na casa, achega nesta obra unha personaxe con moitísimos matices e que protagoniza un momento de improvisación moi destacado e probablemente co que o público vigués máis gozou.

 

En resumo, ‘Polvorones’ é un espectáculo que garante rir a esgalla grazas ó traballazo de elenco e texto. Unha obra que elimina as súas limitacións grazas a un ritmo frenético e o dinamismo en escena. Comedia con C maiúsculo.

 

 

(Este texto publicouse integramente na revista A Movida o 9 de abril de 2018)

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com