I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Dani Trillo: "Actúo porque me gusta xogar a ser outras persoas e fago escenografías porque me gusta xogar a construir espazos."

April 11, 2018

Dani Trillo exerce a súa actividade profesional como actor e xefe técnico da compañía Talia teatro. Ademáis realiza deseños de iluminación e construcción  de escenografía e atrezzo, aspecto polo que recibiu galardóns como o Premio María Casares á mellor escenografía por Foucellas.

-   Para comezar, lembra cal e como foi a súa primeira participación nun espectáculo teatral? 


Pois a primeira vez que me subín a un escenario foi aos 8 anos, na obra de fin de curso en primaria. Facía de árbore e recordo estar medio paralizado polos nervios, ata o punto de que case me esquezo da única frase que tiña, jeje. No colexio e no instituto tamén me apuntaba ás obras que se facían. Era un rapaz extremadamente tímido, asi que o teatro resultaba unha pequeña vía de escape, algo case terapéutico. Nada novo, supoño; moitos dos que nos dedicamos a isto compartimos esa timidez.
Como profesional, o primeiro espectáculo no que estiven foi “Eu asi non xogo” de Talía teatro. Era un espectáculo infantil con 9 actrices e actores en escena, algo difícil de ver nun espectáculo infantil galego hoxe en día. Era unha obra realmente divertida de facer. 


-  Participou en moitos espectáculos teatrais dirixidos por diversos directores. Cales foron os traballos que deixaron unha pegada máis fonda na súa carreira até o de agora?


De cada traballo vas quedándote con cousiñas que cambian un pouquiño a tua forma de actuar. Creo moitísimo máis no traballo que no talento. De todas as vivencias, tanto enriba como fora dun escenario se pode sacar algunha lección. Ir apañándoas e gardándoas nun saco é o que fai que evolucionemos como profesionais… e como persoas, supoño.
Pero se teño que nomear un espectáculo en concreto, daquela digo “O método Grönholm” de Jordi Galcerán, dirixido por Xúlio Lago. Era a primeira vez que traballaba con el, e viña precedido pola súa fama de director extremadamente esixente. Recordo que foi un proceso intenso e duro, pero tamén é certo que Xúlio conseguiu que comprendese o fundamental que era “a verdade” en escena, e como traballar a favor dela. Dito asi parece todo moi obvio, pero eu ata aquela, non caera, jeje. 

 

 Cartaz de "O método Grönholm" de Talia Teatro.

 

-  Combina a súa faceta de actor no audiovisual e no teatro coa de escenógrafo. Polo que se ve, a intención do seu traballo é mergullarse en todos os eidos que conforman un espectáculo…

 

En xeral, gústame todo o relacionado coa parte visual dun espectáculo. Ademáis da escenografía, traballo tamén en iluminación e deseño gráfico. 
Iso si, teño un respeto extremo pola dirección e a escrita. Creo que é algo realmente difícil e non todo o mundo está capacitado. Eu desde logo que non me vexo. A min o que me gusta é xogar. Actúo porque me gusta xogar a ser outras persoas e fago escenografías porque me gusta xogar a construir espazos. De pequeño o meu pasatempo favorito era o “lego” e recordo ter unha bolsa do lixo chea de pezas. Era un neno tímido e gordo, asi que imaxina a cantidade de horas que me botaba xogando…
Tamén é certo que non podería ter abarcado tantas facetas se non fose por Artur Trillo (que non somos familia, por enésima vez, jeje), que confiou sempre en min, encargándome para Talía escenografías, iluminacións, carteis... traballos nos que moitas veces, eu apenas tiña experiencia.


-  O ano pasado recibiu un premio María Casares á mellor escenografía por Foucellas. Como foi o proceso para crear a escenografía para este espectáculo? Agardaba o galardón?


Ata ese espectáculo viña seguindo unha tendencia realista nos meus traballos. Facía falta una pedra, e eu recreaba unha pedra real; un poste da luz, o mesmo… Con Foucellas, Cándido Pazó quería que se traballase máis no concepto que na representación final. Foi un proceso largo chegar ao resultado final, pero estou satisfeito (ainda que hoxe en día lle vexa mil defectos, jeje). Foi un punto de inflexión na miña forma de traballar no deseño. Estou tremendamente agradecido polo galardón e foi toda unha sorpresa.  

 

 

 


-  Para rematar. Ten algún traballo en marcha do que nos poida adiantar algo?


En canto rematen as vacacións, retomamos xira cos espectáculos de Talía teatro. Temos dous meses completiños con cinco espectáculos do que temos en cartel, entre outros “O servidor de dous amos”, unha reinterpretación da comedia clásica de Goldoni, por Diego Rey. Unha comedia cun ritmo frenético, na que participamos 8 actrices e actores.
O certo é que entre a serie “Viradeira”, os ensaios de “O servidor de dous amos”, a construcción da escenografía, a gala dos María Casares deste ano… levo dende xuño sen parar. Síntome unha persoa especialmente privilexiada por poder vivir facendo o que máis me gusta, e dou as grazas todos os días por iso… e que dure (ri).

 

 Fotograma de Viradeira. Fonte: CRTVG
 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Quén preservará todos os contornos da conciencia.

Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,

o meu impúdico nome que codifica e devora.

Quén pode prescribir tantos equívocos moldes

por encima desta fiestra construída polo corpo.

Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria

cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?  [...]

..

Yolanda Castaño, en Delicia (Espiral Maior,1998)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com