David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com

Recensión: Jostein Gaarder, A terra de Anna

11/04/2018

 

Título: A terra de Anna
Autor: Jostein Gaarder

Tradución: David A. Álvarez

Ilustración e deseño de portada: Emily Forgot
Editorial: Kalandraka
ISBN: 9788416721146
Nº de páxinas: 160 páxs

Sinopse:

 

Nos seus soños, Anna é quen de albiscar un planeta agonizante no futuro, con moitas especies desaparecidas da face da Terra a causa da contaminación e do cambio climático. Evitar que ese escenario apocalíptico se faga realidade é seu reto. 

Un pracer ter a oportunidade de ler este libro do autor noruego Jostein Gaarder (Oslo, 1952) en tradución de David A. Álvarez. Unha obra que era necesario incorporar ó noso sistema literario pola importancia que nela se da a temas medioambientais. Pese ó contido máis "de panfleto" que se pode un imaxinar lendo a sinopse ou algún fragmento, este libro ten unha historia moi ben tecida e que xoga con moitas realidades distintas.

 

Anna é unha personaxe interesantísima. Dende a súa perspectiva é posible a comprensión dos fenómenos meteorolóxicos, analizar os efectos que os distintos gases emitidos producen no ambiente e a lenta pero progresiva destrución do noso entorno que se produce coas nosas desafortunadas intervencións sobre el. Tamén fanse moitísimas recomendacións de títulos que tratan determinados aspectos do cambio climático e polos que a nosa protagonista ten moito interese.

 

Mirou para o escritorio. Había alí varios números desgastados de Estado da Terra, unha edición nova da Lista das especies de Noruega, un pequeno libro sobre o cambio climático e ademais o magnífico libro A Gap in Nature, co subtítulo Discovering the World´s Extinct Animals, que o pai lle trouxera de Australia había pouco. (páx. 43)

 

Ao aparcadoiro da gasolineira non paraban de chegar coches e, polo xeral, os conductores deixaban o motor aceso mentres mercaban na tenda salchichas e patacas fritas. Anna anoxábase polos gases que saían dos coches alí parados. Os gases e azulados dos escapes eran vivos e claros porque fóra estaban a moitos graos baixo cero, dez ou doce, talvez. Non tiñan ningún termómetro exterior na fiestra, pero no inverno aprendera a arte de estimar o frío que había segundo a cor e a consistencia dos gases que saían polo escape dos coches. (páx. 48)

 

A correcta combinación das dúas tramas, unha personaxe feminina cunha perspectiva analítica e crítica, e a presencia de dous mundos que perfectamente, co tempo, poderían ser ó mesmo fai deste libro unha xoia para que os adolescentes descubran todo o dano que estamos facendo o noso ecosistema e como combater contra iso.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

A miña beleza sinala co dedo,

espella os meus cristais,

ofende.

 

A miña beleza que intimida, 

que enerva sen falar,

que acovarda.

 

A miña beleza que prognostica,

que me eclipsa,

que me traizoa,

 

A que me vende barata,

a que amortiza os meus fallos,

que se me adianta.

 

A que levanta suspicacias,

a que disuade de min, 

que desvirtúa.
[...]

..

Yolanda Castaño, en Profundidade de campo (Espiral maior, 2007)