I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Héctor Cajaraville, O segredo da casa de Formoso

April 16, 2018

 

Título: O segredo da casa de Formoso
Autor: Héctor Cajaraville
Editorial: Oqueleo
ISBN: 9788416834433
Nº de páxinas: 224 páxs

Sinopse:

 

David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns que o levan a prolongar a visita: unha Galicia que pouco ten que ver coa idea que el traía na cabeza, unha familia coa que nunca ata daquela tivera contacto, un misterio arredor da «casa de Formoso» que enterra as súas raíces na guerra civil... E o amor, que aflora de súpeto do xeito máis imprevisible.

Héctor Cajaraville fai o seu debut no catálogo de Oqueleo con O segredo da casa de Formoso. Esta é unha novela moi entretida, das que fan novos lectores, e que combina tanto misterio e segredos como unha visita guiada pola xeografía de Galicia e outros temas como o resultado da guerra civil no bando perdedor.

 

Este libro ten dúas partes ben diferenciadas a nivel narrativo, que non estruturalmente marcados. Na primeira temos unha análise da sociedade galega e da xeografía do país mediante a aparición de David en Galicia e que permitirá introducir outras subtramas na novela. Na segunda parte da novela tratarase o compoñente de misterio da novela, afondarase na psicoloxía de personaxes principais e secundarios e xogarase moito con introducir temáticas e aspectos milennial dentro dun ambiente onde producen sobresalto, polo que aportan comicidade.

 

Coido que ambas partes poderían mesturarse para crear un produto literario un pouco máis compacto e que evolucionase de forma paralela. Este certo inmobilismo fai que a brecha que existe entre ambas partes do libro sexa notoria. Está claro que é un feito voluntario e que logra con isto que cada tema goce da súa importancia pero tamén fai que o libro semelle diferente no comezo e no final.

 

O traballo coas personaxes é moi bo. Co paso das páxinas é sinxelo sentir que formamos parte da familia de David xa que coñecemos sen esforzos moitos trazos básicos e definitorios de cada unha das personaxes. O descoñecemento de David con respecto a todos eles tamén permite que as presentacións sexan moito máis amplas e que poidamos situalos respecto da súa función na familia e no texto.

 

Mención especial merece o interese que pon o autor en traballar totalmente todos os aspectos dos lugares que os personaxes visitan. As vacacións de verán son o mellor momento para facer unha ruta por moitos espazos de Galicia dos que se tratan todo tipo de curiosidades mediante detalladas descripcións. 

 

En resumo, O segredo da casa de Formoso é unha novela que de seguro gustará ós adolescentes e unha maneira moi entretida de coñecer a emigración, os segredos que agocha a nosa tráxica historia e a constitución da memoria dalgunha das nosas vilas.

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com