Recensión: Alberto Canal, O trapecista da malla de rombos

23/04/2018

 

Título: O trapecista da malla de rombos
Autor: Alberto Canal
Editorial: Xerais

Colección: Milmanda
ISBN: 9788491213024
Nº de páxinas: 216 páxs.

Sinopse:

 

Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Mais todo se volve na súa contra. Cando coñece a nación de Benposta, o país utópico onde reside a escola do circo e os nenos son quen gobernan, atópase con xente estraña que quere destruír o soño que axudaron a erguer cativos de diferentes partes do mundo. O neno Iupanki, aguilloado polo amor que comeza a sentir pola contorsionista Nuna, decide entón embarcarse na aventura de salvar o circo das gadoupas dos poderosos para asegurar que os artistas da malla de rombos poidan seguir levando a maxia do circo a todos os recunchos do planeta. Baixo a mirada inocente e soñadora dun neno, "O trapecista da malla de rombos" rende homenaxe á utopía que se fixo realidade en Benposta, a cidade dos rapaces. Un proxecto nacido do compromiso e a ilusión, que pasou a formar parte da memoria colectiva de varias xeracións.

Alberto Canal regresa ó catálogo de Xerais  dous anos despois do seu anterior título, que persoalmente recomendo moitísimo, O amor nos escuros días de Birkenau (Xerais, 2016). Neste caso con O trapecista da malla de rombos (Xerais, 2018) fai a súa estrea na colección Milmanda cun título moi entretido e apto para todos os públicos.

 

Nesta novela atopamos unha historia que homenaxe a primeira experiencia de escola circense no país, e a segunda no mundo, que se estableceu nuns terreos ós que se denominou "Benposta". Nela temos unha mestura entre personaxes ficticios e outros reais que amosan un interese por facer unha documentación profunda sobre tema sen esquecer o literario da homenaxe.

 

Dicía meus rapaces cando se refería a eles, coma se estes tamén andasen no pasado pendurados das súas abas negras, ao xeito dos monos de Serengueti, e os alimentase coa ilusión que necesitaban uns cativos soñadores para comer o mundo coa beleza das súas acrobacias. (páx.13)

 

Iupanki é o narrador desta historia e a través da súa perspectiva coñecemos todas as desgrazas e alegrías que ofreceu aquela "utopía". Este punto de vista inocente da realidade que ten o noso protagonista ó comezo do libro pérdese co paso das páxinas cara unha perspectiva máis rebelde e combativa que xorde ó sentir que forma parte dun grupo.

 

Aika en ianomani significaba diálogo, e o que quixera reivindicar Moacir con aquelas palabras era xustiza, pois, segundo lles dixo aos rapaces cando decidiu contarlles a súa vida, as decisións xustas eran as que saían do diálogo e da conversación, que así era como actuaban os cidadáns da súa comunidade na selva do Amazonas. (páx. 123)

 

A novela tamén ten moitas chiscadelas a referentes culturais e figuras políticas da época tanto a nivel mundial como no propio país polo que tamén é interesante toda a información que un público xuvenil pode extraer dun momento histórico que sempre observan dende a distancia.

 

- Qué les, Nuna? - preguntoulle Iupanki antes de coller o bolígrafo e deixar a súa sinatura sobre a venda que envolvía o nocello da moza.

- Resistencia. É unha novela de amor de dous mozos portugueses durante a época das ditaduras. Recomendáronnola no colexio. (páx. 80)

 

Alberto Canal traza neste libro unha homenaxe literaria á historia recente do país que xa moitos esqueceron. Dende a literatura fai unha recapitulación de todos os elementos que constituíron o que para moitos foi un soño sen esquecer que a novela tamén ten que xerar esa ilusión no lector.

 

Iupanki pensou que Benposta era o mellor lugar do mundo para vivir, porque alí ninguén tiña un botón vermello que puidese destruír o mundo. Alí o único que posuían era unha montaña enteira de ilusión para lles levar alegría a todos os cidadáns do mundo, tal e como viñan facendo dende o ano 1956 -aquela data xa lle ficara gravada no maxín-, e iso enchíao de ledicia. (páx.159)

 

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Chegamos á cidade a través das pontes pero o noso destino non era río. Levabamos con nós a cativa
para amosarlle o bambear

dos encadeamentos que só relocen no maxín. Ás veces creamos
para crer.

Chegamos á cidade a través das pontes cos pés luxados e as linguas
en equilibrio.
Quitamos os zapatos brancos

de charol. Chegamos. Marchamos. Prometemos non volver.

Poema de Tamara Andrés, en Bosque vermello (Positivas, 2019)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com