Recensión: Montse Pena Presas, A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida.


Título: A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida. Autora: Montse Pena Presas Editorial: Galaxia

Colección: Letras Galegas (23) ISBN: 9788491511564 Nº de páxinas: 180 páxs

Sinopse:

Escritora, profesora, conferenciante e impulsora de diferentes iniciativas culturais. María Victoria Moreno foi unha muller con facetas moi diversas e cunha capacidade sorprendente para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir. Cun estilo áxil, que combina a investigación das fontes co relato biográfico e a análise da obra literaria. Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unha biografía en que a vida da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018 queda reflectida tal cal era: chea de elementos cotiáns mais tamén coas reviravoltas propias dunha novela. A súa procedencia estremeña e a capacidade de asumir o galego como lingua propia, a entrega constante nas aulas e o compromiso adquirido coa literatura infantil e xuvenil galega, aínda incipiente cando comeza a escribir, trazan o singular perfil da muller comprometida que quería deixar “un ronsel de amor, un bo exemplo e un libro que descubra algo a quen o lea”.

Xa nos achegamos pouco a pouco ó día das letras galegas polo que as diversas publicacións sobre a homenaxeada abundan nas librarías. A editorial Galaxia, na súa xa habitual colección das letras galegas de formato moi atractivo, publica unha biografía sobre a autora escrita pola profesora e investigadora Montse Penas. Este libro permite un achegamento panorámico a súa figura e sen dúbida hai nel unha capacidade de divulgación moi poderosa e que agardo que faga que os lectores se acheguen ós textos da homenaxeada ou a outros materiais que aquí se citan.

Montse Pena tece un libro no que a exactitude e a rigorosidade son elementos importantes, mais non se esquece de engadirlle valor como material didáctico. O resultado é que temos ante nos un libro con atinados xuízos criticos tanto da obra publicada pola autora como de aspectos da súa vida para moitos descoñecidos. Hai moito de manual para unha correcta formación literaria e de xénero nel e iso é un aspecto necesario.

O máis peculiar deste libro e que nel hai moita "conversa" de fondo, tanto co literario como no sentido máis literal da palabra. A mensaxe que nel se contén non semella unha resposta afincada en horas de documentación estrita senón a moito tempo de reflexión sobre lembranzas de moita xente próxima á autora e tamén sobre todo aquilo que se agocha nas súas obras.

Mediante unha perspectiva crítica exenta dun obsesivo rigor empírico, un poderoso afán divulgativo, unha ollada cómplice de xénero e con moito criterio á hora de estruturar os contidos, temos neste libro un achegamento máis que satisfactorio ó traballo breve pero intenso dunha figura que sen dúbida merce máis visibilidade.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com