I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Montse Pena Presas: "Maria Victoria Moreno merecía un título potente para reflectir a súa vida intensa"

May 9, 2018

Montse Pena Presas naceu en Sada en 1981. É licenciada en Filoloxía Galega e Doutora en Filoloxía pola USC; e máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Na actualidade, traballa como profesora no Departamento de Didáctica da Lingua e das Ciencias Sociais da USC, feito que compaxina coa crítica literaria en diversas revistas e xornais e coa investigación en literatura infantil e xuvenil, o seu ámbito de especialización. Publicou diversos estudos sobre esta materia e é coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia ou a guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria II.

 

 

Texto: Bio da autora na web de Galaxia.

Fotografía: Autoría non sinalada. Fonte: letrasga2018.wordpress.com (Blogue da BUSCI

 

-  Como e cando xorde a posibilidade de facer este libro sobre Maria Victoria Moreno?


O libro responde á encarga que me fixo o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, practicamente ao día seguinte de saber que se lle concederán as Letras Galegas a MVM. A encarga, dende logo para min, non foi unha obriga nin moito menos, senón que foi un deses traballos que unha afronta con moitísimo agarimo e especial ilusión, xa que eran as primeiras letras nas que eu sentía que estábamos a celebrar a literatura infantil e xuveni como tema central. Ademais, como investigadora especializada nela, pensaba que podía ter cousas interesantes que achegar.

 

-  Como recibiu a noticia de que ela sería a protagonista do día das letras galegas deste ano?


Con moita alegría. María Victoria Moreno era unha autora que eu xa abordara na miña tese de doutoramento (centrada na influencia que o movemento feminista tivo na literatura infantil no ámbito anglófono, hispánico e galego), así que era moi consciente que celebrala a ela era afondar nun campo literario que, aínda sendo o que achega máis lectoras e lectores e mesmo maior rendemento económico ao panorama do libro galego, segue a ser menospreciado por certos sectores. 

 

-  O título deste libro, “A voz insurecta”, xa di moito da perspectiva sobre a autora que nel se quere amosar…


Creo que MVM merecía un título potente para reflectir a súa vida intensa. Dende que comecei a traballar na biografía, andábame na cabeza uns versos seus que encabezan o libro, nos que se define como “snob e insurrecta”. Despois de darlle moitas voltas, unha conversa coa miña querida Rosalía Fernández Rial axudoume a fixar a palabra “voz” diante de “insurrecta”. Ela era así, con autoestima potente, que dicía o que lle parecía cando o consideraba necesario. Gústame ese punto rebelde, de muller decidida, que se sabía feita a ela mesma, independente e pioneira.

 

 

 

-  Cal é o principal obxectivo deste libro?


Evidentemente, divulgar a figura da autora en primeira instancia, pero eu diría que é de case tanta importancia isto, como que as persoas que se acheguen á biografía se animen a coñecer a súa obra, porque paga a pena.

 

-  Como foi o proceso de documentación? Foi sinxelo o acceso as fontes?


Foi intenso. Procurei moito na prensa, porque me interesaba saber como era en primeira persoa, escoitala falar, saber como opinaba de certos temas para poder transmitir ao público lector quen era ela dende perspectivas variadas. Para isto foi tamén fundamental o contacto coa súa familia, cos seus amigos e amigas e, sobre todo, co seu alumnado. A obra inquietábame menos porque eu xa coñecía unha grande parte e sabía máis ou menos por onde quería ir e como podía contextualizala.

 

-  Se tivese que escoller entre todo o traballo específicamente literario da autora, qué obras escollería?


Téñoo claro: Anagnórise, unha novela á que cheguei de adolescente e que me marcou, por todo o rompedora que é (os temas que aborda, esa road-movie en clave singular, uns diálogos magníficos); e Diario da luz e da sombra, na que a autora conta de xeito autobiográfico, mesturando elementos ensaísticos, o seu encontro co cancro. Creo que é o mellor texto para descubrir como era realmente ela como persoa.  Moi interesante tamén me parece a súa produción de narrativa breve, cuxos textos estaban espallados en volumes variados, moitos deles non venais, e que temos a sorte que están vendo agora a luz reunidos. Coido que aínda quedan algunhas sorpresas.

 

 

 

 

-  Compaxina a critica literaria, o seu traballo, a participación en Chamando á Terra e outras actividades culturais coa publicación de libros e traballos. Como fai para organizar tantas cousas? De onde sae o tempo?


Quizais semelle que este ano estou a publicar máis ca nunca, pero deuse a coincidencia de que saíron case a un tempo a introdución de “Os soños na gaiola” que me encargou a Casa Museo Manuel María ao cumpirse os cincuenta anos da edición do libro –e que para min foi un auténtico luxo poder facer-, a biografía de María Victoria Moreno da que estamos a falar e de que o mes que vén saia do prelo “Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia”, unha pequena parte da miña tese de doutoramento que verá a luz en Laiovento. En todo caso –especialmente este último libro- responde ao traballo de varios anos. Podemos dicir que esta é unha etapa agradecida en canto a publicacións se refire. Certo é que traballo moito, pero tamén que teño unha familia que pon todo de si para que eu poida facelo. Ademais, ler para min é unha actividade consubstancial a quen eu son, algo así como respirar.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com