I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Carlos Reigosa, A soidade do asasino

May 14, 2018

 

Título: A soidade do asasino
Autor: Carlos Reigosa
Editorial: Xerais

Colección: Fóra de Xogo (Teatro)

ISBN: 9788491213284
Nº de páxinas: 72 páxs

Sinopse:


A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza teatral, cando os dous comezan a falar, sucede algo inevitable e prodixioso: deixan de ser dous descoñecidos! Xa non son os estraños que eran, porque, con verdades e mentiras, van descubrindo as súas identidades. Isto condiciona a acción, demora os feitos e pon sobre o escenario a esencia dunha “nova relación” que progresa cara a un final incerto.Pode o asasino deixar de selo? Non, mentres sinta que esa é a súa profesión e o seu compromiso. Pode a vítima evitar o seu destino fatal? Non, se non é capaz de cambiar a correlación de forzas de partida.

En "A soidade do asasino" todo sucede nun escenario único, mentres as ideas que flúen e conmoven están nas cabezas desas dúas persoas que avanzan por un vieiro descoñecido cara a un destino tan sorprendente como inevitable.

Na época do auxe de novas fórmulas teatrais que buscan experiencias máis intensas, Reigosa fai o seu debut como dramaturgo cunha peza dialogada que resposta máis as esixencias do microteatro que a unha formulación clásica do xénero.

 

A soidade do asasino é un complexo diálogo entre dúas personaxes que encarnan os papeis de asasino e vítima. Desa complexidade nace un constante intercambio de papeis no que descubriremos que ambos personaxes teñen moito que ocultar e que finalmente non existen tantas diferencias entre eles como a priori pódense intuír.

 

Nun bombardeo constante de interrogacións, o lector déixase enganar por unha aparente axilidade cando a realidade é que non existen avances na acción ata o final da obra. A escena única e a dúbida ó máis puro estilo hamletiano fai que sorprenda que o libro se creza ante as dificultades. Crear este aparente dinamismo so está altura daqueles autores coa experiencia e calidade de Reigosa.

 

Atopámonos ante unha peza que introduce un diálogo interesante e cheo de reflexións e que nútrese del mesmo para chegar a unha teatralidade un pouco elemental. Sen dúbida o pequeno problema nel é que o texto está máis pensado para a súa lectura.  Penso que as carencias dunha notación máis detallada e referencias menos textuais e máis parateatrais farían do texto, no caso de solventarse, un bo exercicio espectacular.

 

En resumo, este libro ten moito de iniciático pero tamén aporta elementos que garanten que o proceso de creación teatral de Reigosa segue un camiño correcto.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com