I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Berta Dávila, A pel do mundo

May 24, 2018

 

Título: A pel do mundo
Autora: Berta Dávila

Ilustracións: Alba Cid
Editorial: Galaxia

Colección: Árbore
ISBN: 978-84-9151-146-5
Nº de páxinas: 76 páxs

Sinopse:

 

Atención!

Este libro é unha viaxe. Desabrochen o cinto que imos comezar: para ler poesía hai que ser o máis libre posible. Prepárense para coñecer persoas, sabores, nomes, linguas, costumes, palabras e formas de vida diferentes á súa. Non permanezan nos seus asentos, para cambiar o mundo, cómpre non estarmos quietos.

Eu tamén son dos que penso que as palabras son os únicos elementos que poden cambiar o mundo, mais tamén son a chave para repensalo. Neste libro Berta Dávila propón unha volta ó mundo nunha viaxe que busca tamén repensar a composición do mesmo e dos que nel conviven. Unha aventura poética necesaria para as crianzas.

 

O libro componse de 29 pequenos textos en clave poética, coido que perfectamente nomeables como "instántaneas", que ilustran moi ben realidades dos lugares que describen. Neles non só transmítense curiosdades senón tamén problemáticas das sociedades de cada espazo e as súas necesidades. Hai neste libro o tacto e o tino preciso para comunicar sen ferir e ó mesmo tempo entreter.

 

As ilustracións de Alba Cid penso que lle acaen moi ben a este libro polo seu deseño máis artesanal, coas súas liñas e trazados imperfectos e dinámicos propios do material escolar, que aportan ese matiz de inocencia necesario para que os nenos teñan unha experiencia de lectura máis entretida e con referentes pictóricos máis poderosamente imitables e comprensibles.

 

En resumo, A pel do mundo é todo un acerto. Un libro moi necesario para as crianzas cun formato moi atractivo e que presenta unha viaxe polo mundo actual na que se reconstrúen con palabras todas as realidades.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Quén preservará todos os contornos da conciencia.

Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,

o meu impúdico nome que codifica e devora.

Quén pode prescribir tantos equívocos moldes

por encima desta fiestra construída polo corpo.

Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria

cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?  [...]

..

Yolanda Castaño, en Delicia (Espiral Maior,1998)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com