I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Marga Tojo, Cara de velocidade

June 5, 2018

 

Título: Cara de velocidade
Autora: Marga Tojo

Ilustradora: María Heregueta
Editorial: Kalandraka
ISBN: 9788484643760
Nº de páxinas: 48 páxs

Sinopse:


“Cara de velocidade” é o resultado de acudir á literatura como bálsamo, refuxio e bitácora da superación de «H».

Neste poemario están presentes os seus avances en forma de pasos de xigante e a satisfacción do retorno ao fogar logo dunha convalecencia; a enfermidade toma forma de monstro ao que se desafía, co que se dialoga e convive; e sobre todo,a vida cotiá afróntase con humor, fortaleza, optimismo e imaxinación fronte á adversidade.

A superheroína con superpoderes que protagoniza estes versos urbanos ten a capacidade de converter a hora de comer nun xogo disparatado ou nunha festa con improvisados instrumentos musicais; e dun accidente caseiro xorde a excusa perfecta para fantasear con fascinantes peripecias, trascendendo as súas consecuencias negativas.

Marga Tojo proxecta nela os seus temores e ledicias, ou inquedanzas cotiás que, a través do filtro literario, chéganos baixo o punto de vista infantil, cargadas de divertidas metáforas e cunha lírica musical -de efectos terapéuticos- que bebe de voces contemporáneas: Patti Smith, The Rolling Stones, Nina Simone,Fran Pérez Narf…

María Hergueta afonda no carácter lúdico dos poemas cunhas ilustracións próximas á estética do cómic de aventuras, con trazos estilizados e cores planas.

Coido que un dos avances máis grandes da literatura infantil nos últimos anos e outorgar referentes femininos ás nenas que teñen moito máis de naturais e igualitarios que de  transxénicos e aparatosos. As figuras femininas na literatura non son un "fan service" para contentar ó público senón que teñen que ter a mesma importancia que merecen no plano real. A poesía non debe ser un eido alleo a todo este proceso e por iso teño claro que se fai moito ben a nosa literatura premiando libros como este de Marga Tojo.

 

Neste libro a autora convídanos a participar nesta "bitácora" persoal de H, unha nena que ten que solventar diariamente os seus problemas e  medos grazas o seu afán de superación e a súa familia. Neste mundo que ten moito de musical e urbano, H é unha superheroína que consegue darlle vida a todo o que toca grazas ó  seu entusiasmo.

 

Este libro está cargado de realidades filtradas pola cosmovisión desta rapaza que xoga con elas transcendendo a súa parte escura. A batería de referencias musicais fan da súa vida tras "superar ó monstro" unha festa continua, ás veces con instrumentos e músicos particulares, que lle permite fantasiar con futuros distintos.

 

Os versos de Marga Tojo convidan a participar neste xogo e neles plasma todos os seus referentes e preocupacións sobre o futuro dos nenos e nenas. As súas composicións respostan a metros variables e introducen divertidas figuras retóricas e de estilo que tamén camuflan realidades complexas. Algúns textos pode que para os lectores semellen moi transparentes pero xa adianto que hai moito que se pode extraer deles.

 

En resumo, Cara de velocidade amosa dende unha perspectiva feminista a necesidade de crear un referente para as nenas que goce da liberdade suficiente para elixir quen é en cada momento. Unha superheroína valente á orde da igualdade e que convida a ver a realidade dende outra perspectiva.

 


 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com