I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Rosalía Fernández Rial, BONUS TRACK

June 11, 2018

 

Título: Bonus Track
Autor: Rosalía Fernández Rial
Editorial: Galaxia

Colección: Literaria
ISBN: 9788491511540
Nº de páxinas: 164 páxs

Sinopse:


Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda.

Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres que apareza o BONUS TRACK.

Xusto nese xiro imprevisto, cando xa parece que non queda nada, nacen os relatos deste libro de Rosalía Fernández Rial: vinte e dous contos tecidos con letras de cancións e derradeiras esperanzas. É importante agardar. As mellores hisorias comezan onde remata a melodía. Resiste. E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar.

Rosalía Fernández Rial fai o seu debut como narradora con este libro de relatos entre o musical, o poético e o urbano dende unha manifesta perspectiva feminista e que non busca resaltar os erros e miserias de sociedade para musicalizar o declive, senón para dar a sempre complicada derradeira oportunidade á espera do Bonus Track.

 

Nos vinte e dous contos que constrúen este libro flúe o talento ó mesmo tempo que os distintas notas das pezas musicais. A autora amosa unha sorprendente capacidade para construír textos ben estruturados e cunha prosa de moitísima calidade. Pese á diversa extensión dos relatos deste libro, vese que neles non hai un esforzo de síntese senón unha escolla selectiva e exquisita dos distintos termos en función das necesidades temáticas dos relatos.

 

 

Na miña opinión, nestes relatos hai moito dunha historia de desamor coa sociedade e coas inxustizas sociais dende unha perspectiva afterpop que bebe moito dos elementos urbanos e xeracionais. Para comprender isto so hai que reparar na selección musical do libro, nos recursos do cinema, nas influencias manifestas da cultura pop e a variedade de estruturas narrativas que teñen representación en cada relato.

 

Temas como o (des)amor, a subalternidade, os mitos clásicos dende o postmodernismo, a desigualdade ocasionada polo xénero, a precariedade da escrita, a figura do autor, o proceso creativo ou simplemente as relacións entre artes fan deste libro un compendio de actualidade e de rigor crítico sen esquecer en ningún momento o poder da ficción como arma revolucionaria.

 

En resumo, este libro de Rosalía é excelente. Temos ante nos unha autora que amosa que ten talento bruto non so para as letras senon para a arte. A interdisciplinaridade como norma, un estilo de seu e o seu rigor selectivo fai dela unha autora a ter moi en conta no noso sistema cultural. Agardemos que en próximos libros teñamos moito máis, e aínda mellor, desta autora.


 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com