I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Arancha Nogueira, O único lugar onde ficar inmóbil

June 13, 2018

 

Título: O único lugar onde ficar inmóbil
Autora: Arancha Nogueira
Editorial: Urutau

Prólogo: Verónica Martínez Delgado
ISBN:  9788569433507
Nº de páxinas: 60 páxs

 

Nos últimos tempos no eido da poesía galega xurdiron unha enorme cantidade de voces novas que nun tempo precario para o sector do libro e da literatura, e da lingua por suposto, verten os seus versos na nosa lingua e cun resultado que convida o optimismo. Hoxe traio o exemplo deste libro O único lugar onde ficar inmóbil de Arancha Nogueira publicado nunha editora pequena e foránea pero cun contido a ter en conta.

 

É o de Arancha Nogueira un libro moi xeracional e que bebe das principais preocupacións da sociedade en tempos de incertidume e falsidade. A autora fala da perda do amor, da familia, da infancia, da parella ou da ausencia de futuro dende a perspectiva dun doente. Non hai nestes versos unha posibilidade de solventar os problemas pasados senón de seguir adiante como autómatas vivindo no estrañamento e na autodestrución para atopar un lugar potable e propio.

 

e en todos os idiomas hai unha palabra para perda.

o líquido dos seus debuxos

dos ritmos todos

da vergoña da pronuncia

 

en todos os idiomas

aínda que non poida falalos.

 

(páx. 35)

 

Ese lugar "onde ficar inmóbil" é un espazo sen regras e sen localización, onde a única preocupación é pecharse nun mesmo para atopar algo puro ó que ligarse dunha maneira íntima, case espiritual. Este non é un espazo para a esperanza, senón que é a propia (des)esperanza. O eu lírico aférrase a súa existencia para conseguir o seu obxectivo: chorar de desesperación, rir da traxedia, visualizar os anacos dos nosos soños e simplemente descansar na súa soidade.

 

e estou saindo

de entre os nenos e os avós

como outra baldosa desfeita

e soa

 

mecánica

de cor azul como as formigas

 

camiñando como se tiver onde deixarme

ou onde sentar e tomar un té enfriado

como se toman todas as terrazas soas

sen exército.

 

(páx. 21)

 

 

a soidade non é un estado

a soidade é un estado mental

a soidade non é unha cuita

a soidade é unha concatenación errónea

 

(páx.37)

 

É preciso sinalar a perspectiva feminista dende a que se escriben estes versos. A figura masculina non é alguén á que se pida auxilio para un acubillo, senón que ese berro unicamente esixe colaboración, igualdade. É evidente que esa chamada desesperada non recibirá resposta, por iso a soidade é a única compañía válida para sentirse propia e individual.

 

Neste libro non hai nada sólido ó que aferrarse en termos sociais e ideais. Este terreo inestábel do contido contrasta coa estrutura sólida do poemario que divídese en tres seccións (sospeita, naufraxio, o único lugar onde ficar inmóbil) e un limiar ó cargo de Verónica Martínez Delgado. Os distintos textos técense mediante versos de extensión desigual combinados coa potencialidade dos silencios e estruturas poéticas diversas.

 

En resumo, hai neste libro de Arancha Nogueira unhas bases moi sólidas para un traballo lírico posterior de calidade. Dende unha perspectiva feminista e cunha voz desgarradora, este poemario presenta a necesidade de atopar algo puro que permita atopar a esencia propia, a tranquilidade, o sólido, e afastarse dunha sociedade estraña.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com