I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: J.R.R. Tolkien, O hobbit

June 18, 2018

 

Título: O hobbit
Autor: J.R.R. Tolkien
Editorial: Sushi Books

Traducción: Moisés Barcia
ISBN: 9788416884117
Nº de páxinas: 290 páxs

Sinopse:

 

Ó hobbit Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila do seu burato–hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trascadeada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, emprende unha longa viaxe con trece ananos barbudos en dirección ás Montañas para recuperar un tesouro roubado polo dragón Smaug, esquecido hai moito tempo. 

Edición especial e limitada, en tapa dura e con ilustracións a cor e en branco e negro do propio autor. 

Nesta entrada non hai moito de comentario literario pois penso que é complicado dicir nada que non se comentase antes da obra de Tolkien tanto por parte da crítica como polos milleiros de lectores en todo o mundo do clásico autor británico. Aproveito entón para presentarvos este agasallo da editora Sushi Books a todos aqueles que aman as aventuras de Bilbo Bulseiro.

 

Este libro é unha edición limitada e especial da fantástica obra de Tolkien, xa que inclúe o texto íntegro vertido ó galego por Moisés Barcia e ilustracións en branco e negro feitas polo propio autor. Na parte exterior esta coidadísima edición ten un corpo de cartoné forrado en símil pel e estampación de ouro tanto nos distintivos do libro coma nas inscripcións en élfico que hai na capa.

 

Non perdades a oportunidade de ler este libro xa non so polo fermoso da edición senón polo necesario cambio de perspectiva que precisan aqueles que non consumiron esta obra literaria e aceptaron por boa a adaptación fílmica, inxusta e non fidedigna, desta gran obra. Agardo que tamén as ventas deste libro colaboren para convencer as editoras en galego da necesidade de traducir más títulos de Tolkien á nosa lingua. Aseguro que ía ter lectores.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com