Recensión: María do Carme Kruckenberg, O morto asasinado e outros contos

25/06/2018

 

Título: O morto asasinado e outros contos
Autora: María do Carme Kruckenberg

Edición: Mercedes Queixas Zas

Ilustracións: Eva Lloréns, Mercedes Lence, Gonzalo Suárez, Antón Goyanes e a propia autora.
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788491511519
Nº de páxinas: 60 páxs

Sinopse:

 

Entre 1998 e 2012, María do Carme Kruckenberg publicou periodicamente, en edición non venal e co propósito de servir de agasallo ás amizades, un total de quince relatos breves acompañados de ilustracións de Eva Lloréns, Mercedes Lence, Gonzalo Suárez, Antón Goyanes e da propia autora. Eses relatos, xunto con outros sete publicados en 1999, reúnense neste libro. A experiencia vital da autora é a gran protagonista e o nexo destas pezas literarias nas que a sensibilidade da poeta, as súas vivencias e o pouso da memoria configuran un tecido feito de retallos, historias e impresións persoais sobre a vida e a xente. Unha ollada literaria que é o envés, tamén verdadeiro, da aventura irrepetible da poeta.

Mercedes Queixas recolle neste volume, publicado por Galaxia, unha gran cantidade de relatos da autora galega e que contribúen a ensalzar o traballo desta gran poeta no eido da narrativa curta, tal vez o aspecto máis descoñecido da súa obra.

 

Moitos destes contos son tan breves que incluso merecerían a valoración de microhistorias. Sen embargo, é xusto sinalar que a maioría deles ligan perfectamente esa curta extensión cun bo manexo dos recursos narrativos. Todos estes contos están acompañados dunha gran cantidade de ilustracións de diferentes autores que, a pesar de non seguir unha mesma liña artística, aportan un importante e adecuado compoñente visual ós textos.

 

Por suposto non sería xusto sinalar que todos os textos son dunha calidade excelente, pero coido que ilustran moi ben os temas que eran de interese para a autora. Ademais todos os textos conteñen un compoñente lúdico moi importante xa que xurdiron para ser agasallos literarios ás amizades.

 

En resumo, este O morto asasinado e outros contos é un volume que colabora enormemente na divulgación do traballo no eido da narrativa de María do Carme Kruckenberg por e para a cultura galega.

 


 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com