Recensión: Mercedes Queixas, Xandra a landra que quería voar

11/07/2018

 

Título: Xandra a landra que quería voar

Autora: Mercedes Queixas Zas

Ilustradora: Paula Pereira Carreiro

Editorial: Urco Editora

ISBN: 9788416121953

Nº de páxinas: 36 páxs

Sinopse:

 

Xandra é unha landra que agarda coa súa familia o momento de descender das pólas
das árbores, mais ela o que quere con todas as súas forzas é poder voar. As outras
landras intentarán que esqueza o seu desexo, pero Xandra non se dará por vencida.

Non hai cousa máis importante que soñar, aínda que sexa con voar como é o caso de Xandra, a landra protagonista do novo libro de Mercedes Queixas. Un libro no que a natureza e os soños ocupan un papel protagonista mais tamén unha proposta didáctica interesante sobre o inconformismo e a necesidade de crecer ante as dificultades.

 

Nestas poucas páxinas, o texto brilla con luz propia en combinación coas aparentemente simples mais traballadas e fermosas ilustracións de Paula Pereira Carreiro. Un libro de lectura moi áxil e  dinámica do que, seguro, gozarán as crianzas.

 

Mercedes Queixas publica un libro no que amosa unha historia na que está presente a paixón de quen a escribe. Os soños son un lugar completamente noso dende onde debemos proxectar os nosos azos para o futuro. Agardo tamén que este libro colabore na esperanza no futuro de moitos nenos e nenas galegos.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com