Recensión: Mercedes Queixas, Xandra a landra que quería voar


Título: Xandra a landra que quería voar

Autora: Mercedes Queixas Zas

Ilustradora: Paula Pereira Carreiro

Editorial: Urco Editora

ISBN: 9788416121953

Nº de páxinas: 36 páxs

Sinopse:

Xandra é unha landra que agarda coa súa familia o momento de descender das pólas das árbores, mais ela o que quere con todas as súas forzas é poder voar. As outras landras intentarán que esqueza o seu desexo, pero Xandra non se dará por vencida.

Non hai cousa máis importante que soñar, aínda que sexa con voar como é o caso de Xandra, a landra protagonista do novo libro de Mercedes Queixas. Un libro no que a natureza e os soños ocupan un papel protagonista mais tamén unha proposta didáctica interesante sobre o inconformismo e a necesidade de crecer ante as dificultades.

Nestas poucas páxinas, o texto brilla con luz propia en combinación coas aparentemente simples mais traballadas e fermosas ilustracións de Paula Pereira Carreiro. Un libro de lectura moi áxil e dinámica do que, seguro, gozarán as crianzas.

Mercedes Queixas publica un libro no que amosa unha historia na que está presente a paixón de quen a escribe. Os soños son un lugar completamente noso dende onde debemos proxectar os nosos azos para o futuro. Agardo tamén que este libro colabore na esperanza no futuro de moitos nenos e nenas galegos.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com