Recensión: Antonio Manuel Fraga, Xildas

17/07/2018

 

Título: Xildas

Autor: Antonio M. Fraga

Editorial: Sushi Books

Capa: Pirusca

ISBN:  9788491210160

Nº de páxinas: 212 páxs

Sinopse:

 

A vida transcorre allea á fantasía na vila mariñeira de Sesgaña. Ata que un día Catuxa, unha rapaza fedella de nove anos, atopa casualmente o trasno Xildas. Xunto cos seus amigos Ulises e Uxía, e mesmo co seu inimigo Vicente, Catuxa argalla un plan para axudar a Xildas e buscarlle un novo fogar.

Mentres, o antipático señor Samesuga pídelle explicacións á súa veciña Catuxa polas trasnadas que se suceden nos seus dominios... 

Xildas é o primeiro libro de Antonio M. Fraga no catálogo de Sushi Books. Unha obra moi entretida que mestura fantasía e aventuras con acerto e que introduce figuras mitolóxicas tan tradicionais da nosa terra como son os trasnos. 

 

A nivel narrativo destaca a frescura dos diálogos, nun ton sempre xuvenil e dinámico, así como tamén a (de)formación lingüístico-fonética que se produce nos parlamentos de Xildas, unha axeitada contribución para facer do personaxe un ser aínda máis diferente dos humanos.

 

Penso que neste libro a importancia da natureza e a saude medioambiental é capital, xa que os espazos sempre están vinculados a necesidade de coidado e limpeza de cara a ser habitables tanto polos trasnos como polos propios seres humanos. Coido que é moi necesario falar de ecoloxía na nosa LIX.

 

Coido que o único aspecto negativamente criticable é a maneira de introducir a historia persoal e detallada de Xildas, xa que é bastante extensa e supón unha pausa bastante grande no ritmo narrativo, ainda que non resulta en ningún momento tediosa. A introdución dun diálogo ou a dosificación da información solventaría, sen dúbida, esta eiva.

 

En resumo, Xildas é unha historia que aporta un imaxinario rico e interesante, que trata bastante ben ós seus personaxes e que introduce ós rapaces a figura dun trasno que ten discurso propio e que faise único entre os seus semellantes.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com