Recensión: Antonio Manuel Fraga, Xildas


Título: Xildas

Autor: Antonio M. Fraga

Editorial: Sushi Books

Capa: Pirusca

ISBN: 9788491210160

Nº de páxinas: 212 páxs

Sinopse:

A vida transcorre allea á fantasía na vila mariñeira de Sesgaña. Ata que un día Catuxa, unha rapaza fedella de nove anos, atopa casualmente o trasno Xildas. Xunto cos seus amigos Ulises e Uxía, e mesmo co seu inimigo Vicente, Catuxa argalla un plan para axudar a Xildas e buscarlle un novo fogar. Mentres, o antipático señor Samesuga pídelle explicacións á súa veciña Catuxa polas trasnadas que se suceden nos seus dominios...

Xildas é o primeiro libro de Antonio M. Fraga no catálogo de Sushi Books. Unha obra moi entretida que mestura fantasía e aventuras con acerto e que introduce figuras mitolóxicas tan tradicionais da nosa terra como son os trasnos.

A nivel narrativo destaca a frescura dos diálogos, nun ton sempre xuvenil e dinámico, así como tamén a (de)formación lingüístico-fonética que se produce nos parlamentos de Xildas, unha axeitada contribución para facer do personaxe un ser aínda máis diferente dos humanos.

Penso que neste libro a importancia da natureza e a saude medioambiental é capital, xa que os espazos sempre están vinculados a necesidade de coidado e limpeza de cara a ser habitables tanto polos trasnos como polos propios seres humanos. Coido que é moi necesario falar de ecoloxía na nosa LIX.

Coido que o único aspecto negativamente criticable é a maneira de introducir a historia persoal e detallada de Xildas, xa que é bastante extensa e supón unha pausa bastante grande no ritmo narrativo, ainda que non resulta en ningún momento tediosa. A introdución dun diálogo ou a dosificación da información solventaría, sen dúbida, esta eiva.

En resumo, Xildas é unha historia que aporta un imaxinario rico e interesante, que trata bastante ben ós seus personaxes e que introduce ós rapaces a figura dun trasno que ten discurso propio e que faise único entre os seus semellantes.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

foto 3: atitude


 

a postura com que o cego

se aproxima à paisagem

a postura com que a surda

se achega à música

a postura com que a parapléxica

enfrenta a fugida.

Charo Lopes, Álbum (Aira, 2020)  

PREMIO CIDADE DE OURENSE DE POESÍA 2019

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com