I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Arantza Portabales, Deixe a súa mensaxe despois do sinal

August 18, 2018

 

Título: Deixe a súa mensaxe despois do sinal

Autora: Arantza Portabales

Editorial: Galaxia

ISBN:  9788491510819

Nº de páxinas: 324 páxs

Sinopse:

 

As historias poden contarse de moitas formas.

Mais poucas tan orixinais coma esta, deslumbrante, que nos propón Arantza Portabales neste segundo libro logo do éxito sen discusión da súa anterior novela, Sobrevivindo.

Un mollo de voces que deixan mensaxes nun contestador. Historias de moitas almas que imos construíndo a medida que escoitamos o que se deixa nun aparello, frío, que, con todo, está cheo de vida, das vidas, as que a autora fai brillar cun lume de palabras que non vai deixarnos indiferentes.

Deixe a súa mensaxe despois do sinal é unha desas novelas que precisa o noso sistema literario. Un libro ben artellado a nivel técnico, narrativo e estilístico e que, sen embargo, transita con naturalidade polos camiños do best seller. Unha obra, polo tanto, completa.

 

Arantza Portabales constrúe unha obra orixinal e arriscada a nivel formal na que un coro de voces son as encargadas de contar as súas propias historias e enlazalas mediante os seus fíos vitais. As historias teñen moito de realistas e as relacións entre as narradoras respostan á necesidade de crear lazos entre elas, potenciar as súas forzas e estudar as súas debilidades. Necesarias redes femininas e feministas mais, por riba de todo, humanas.

 

Todo o libro baséase nas mensaxes no contestador que deixan as personaxes a distintas persoas. Non sería un comentario escéptico sinalar que, a priori, esta fórmula narrativa podería deteriorar tanto as personaxes principais como ás secundarias. Sen embargo, este libro demostra que se pode traballar con distintas voces aportando identidades perfectamente definidas a cada unha e a aquelas ás que se dirixen.

 

A singularidade da obra reside tamén no xogo cos silencios, o que non se di, e o que podemos extraer deles. Tamén sinala a necesidade de buscar un espazo onde a palabra teña importancia para definir o mundo. Todo isto, e moito máis, reside nunha novela que avoga por un modelo narrativo hibrido en tempos nos que é preciso conquistar a calquera clase de lector.

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com