I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Ramón Nicolás, Lapis na noite

September 26, 2018

 

Título: Lapis na noite
Autor: Ramón Nicolás
Editorial: Xerais
ISBN: 9788491213994
Nº de páxinas: 192 páxs

Sinopse:
 

"Lapis na noite" bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior que xera mergullarse nunha nova identidade. Ao tempo, focaliza a atención nas vidas e familias truncadas polo franquismo e, sobre todo, naquelas que protagonizou unha mocidade combativa e esperanzada que, por acreditar nun mundo mellor, caeu nas gadoupas da maquinaria represiva da ditadura cívico-militar arxentina (1976-1983). Porque a memoria do que os lapis escribiron nunha noite indigna segue viva e aínda nos ilumina, é este un libro que quere pasar a man por algunhas das cicatrices máis recentes dunha historia pola que circulan numerosos ríos subterráneos que, ao saíren á superficie, amosan un caudal conformado por pequenos e grandes exemplos de heroísmo, amor e resistencia.

Ramón Nicolás volve con Lapis na noite, un libro que amosa un nivel de madurez narrativa moito máis alto en relación co seu primeiro libro, e co que xa comeza a asentarse como creador dentro do sistema literario galego. 

 

Coido que Lapis na noite é unha novela que enche un oco baleiro na literatura con respecto ás historias daqueles emigrantes que tras "superar" o franquismo tiveron a mala fortuna de caer nas gadoupas doutra ditadura en Arxentina. As vidas truncadas polo franquismo tiveron repercusión nunhas novas xeracións que recibiron o mesmo castigo que os seus familiares e predecesores. Este libro, como comeza a ser costume na obra de Nicolás, achéganos unha cantidade de información sobre o ambiente e realidade da época, froito do que sen dúbida foi un intenso e interesado proceso de documentación.

 

A trama funciona e está bastante ben rematada, mais un bota en falta un trato máis pormenorizado dos personaxes e un ritmo narrativo mellor manipulado para presentar con maior efectividade as incertezas e misterios agochados na historia. Coido que unhas poucas páxinas ou capítulos de máis manterían mellor a tensión narrativa para chegar a un final que polo intenso e breve dos capítulos faise bastante evidente. A historia agochada non chega a ser excesivamente previsible, mais a estrutura do libro obriga a unha concentración grande de evidencias en poucas páxinas.

 

O rumbo que toma a narrativa de Ramón Nicolás penso que tería que ser considerado como moi interesante. As súas novelas amosan un interese particular tanto no literariamente inhóspito como naquelas historias esquecidas pola memoria histórica, reflicten un proceso de documentación que xera interesantes atmosferas, e constitúen traballos narrativos moi ben construídos a nivel estilístico. Agora que xa están firmes os moldes para construír unha carreira narrativa exitosa, agardo que na próxima historia teñamos o salto definitivo.

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com