I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: A viñeta de Schrödinger #1

November 7, 2018

 

Título: A viñeta de Schrödinger #1

Autores: Kiko da Silva (coord.) e outros

A Mesa pola Normalización lingüística

ISBN: 9788491210160

Nº de páxinas: 232 páxs

A BD galega, a lingua e a cultura galega é como o gato de Schrödinger, está aí, estamos seguros de que está, que ten que estar, mais algúns cren que está morta, mentres nós cremos que está máis viva ca nunca. Pasa o mesmo coas revistas, que semellan esquecidas nun momento onde proliferan as novelas gráficas. 

A viñeta de Schrödinger nace para dar voz e visibilidade ás bandas deseñadas breves de autores/as galegos/as. Mais tamén para que os/as lectores/as adolescentes e adultos poidan ler e descubir a BD de calidade que se fai en Galiza.

Por todo iso A Mesa pola Normalización Lingüística decidiu lanzar esta revista capitaneada por Kiko da Silva, de periodicidade trimestral, con 32 páxinas a toda cor, encadernada en rústica e con acabado en lombo, a un prezo de 5 euros e unha tiraxe de 1.500 exemplares. O primeiro número chegará ás librarías en xullo!!!

​​A banda deseñada galega precisaba dun medio para a publicación de historias curtas como medio de promoción da súa actividade artística lonxe das propias novelas gráficas. A viñeta de Schrödinger nace como un magazine de historias curtas trimestral realizadas por coñecidos autores do xénero e por algúns debutantes tanto no debuxo como no guión.

 

O problema deste primeiro número é que hai demasiadas historias e iso fai desigual a súa calidade. Temos historias breves de calidade nas que arte gráfica, guión ou ambas por igual destacan entre as demais, mais tamén temos historias que non transmiten nada pese a un interesante guión ou un bo traballo no visual. Coido que unha cantidade menor de historias ou unha selección máis profunda delas dotaría este debut de maior interese.

 

Sen embargo, considero interesante engadir que hai moito traballo a valorar nesta revista e tamén moitos artistas que precisaban dun espazo como este para dar máis visibilidade ó seu traballo. Especialmente interesantes son as colaboración interartísticas entre algúns guionistas que non forman parte deste mundo e os artistas visuais. Agardemos que a revista teña unha longa vida e que nunca sexa conformista cos seus contidos.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com