I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Francisco Castro, Iridium

November 23, 2018

 

Título: Iridium

Autor: Francisco Castro

Editorial: Galaxia

Colección: Costa Oeste

Deseño da cuberta: Hayat Husein

ISBN:  9788491511939

Nº de páxinas: 104 páxs

Sinopse:

 

Iridium é unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo.

Esta novela conta a historia de Iris, unha rapaza que cursa primeiro de bacharelato e que, coma tantas e tantos do seu tempo, quere vivir a vida con intensidade. Pero Iris ten, ademais, unha discapacidade froito dun accidente de tráfico que lle deixa secuelas importantes. É unha raíña do Instagram, onde ten milleiros de seguidores en todo o mundo. Seareiros que ignoran o que lle pasa e que se o soubesen igual non a quererían tanto. É, pois, unha novela de denuncia da hipocrisía de moitos “normais” que desprezan a todas e a todos os que son diferentes.

Mais, sobre todo, Iridium conta unha historia de amor.

Porque todas e todos, independentemente do que nos suceda, sentimos igual.

E Iris sente, e goza, e chora, e ri, e sofre coma calquera.

Tras unha tempada sen publicar título algún, Francisco Castro publica unha nova historia. Neste caso unha historia xuvenil de limitada extensión, mais non exenta de interese dende un punto de vista temático e literario. Iridium non é unha historia sinxela de calificar, mais considero importante sinalar que, como na meirande parte das historias do autor vigués, o amor ocupa un lugar privilexiado no núcleo da historia.

 

Coido que o amor nesta novela preséntase dende unha perspectiva demasiado extensa como para esquematizala. Todas as relacións que se establecen na novela xorden do amor, viven do amor e sofren por amor. Ó mesmo tempo introdúcense na historia as redes sociais tanto dende o punto de vista narrativo como tamén dende as posibilidades que ofrece como vehículos de transmisión de inquietudes e sentimentos. Na novela visibilízase a repercusión dun "like" no propio individuo e tamén a dureza dos comentarios negativos que un pode recibir nas redes sociais. 

 

Respecto ó estilo é salientable o uso das redes sociais como artefacto narrativo e tamén as continuas reflexións e comunicacións directas co lector que son xa habituais na narrativa de Francisco Castro. A construcción da personaxe de Iris é interesante dende o punto de vista de que é unha rapaza coa forza suficiente para non ceder ante presións e co carisma suficiente para ignorar a todos aqueles que lle fan mal. Os lectores non somos os encargados de denunciar as inxustizas sociais, Iris encárgase diso dende unha perspectiva moi intelixente.

 

En resumo, Francisco Castro presenta unha novela da calidade que o seu público agardaba. Unha novela moi sensible, na liña do autor, e que dende o amor fai un repaso a actualidade da nosa sociedade e fai críticas intelixentes a aqueles que pensan que as discapacidades esixen outros tratos que deshumanizan ó/á doente. O que queda claro é que ninguén pode elixir por nós como sentir.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com