I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Eli Ríos, DX

January 14, 2019

 

Título: DX
Autora: Eli Ríos

Capa: Paula Gómez del Valle

Revisión lingüística: Raquel Vila Amado
Editorial: Urco Editora

Colección: Alcaián
ISBN: 9788494875526
Nº de páxinas: 166 páxs

Sinopse:

 

Ola. Son Andre. Sobrevivín á avaricia e ao capitalismo máis atroz.

Aquí, na Horta do Cura, chegou o momento de comezar a reconstruírnos.

Acompáñasme?

DX é a primeira publicación de Eli Ríos dentro do mundo da ciencia ficción. Unha novela que ten elementos de moitísimos subxéneros da ciencia ficción e que constrúese dunha forma interesante pese a ter tamén algúns aspectos negativos que tamén é preciso salientar.

 

Coido que o punto máis positivo de DX é xogar cunha realidade que non é tan futura e distópica como o lector agarda. O capitalismo devorou todas as estruturas morais da sociedade e, polo tanto, nun mundo onde goberna o egocentrismo non poderíamos ter mellor trama que a destrución da humanidade por parte dunha empresa que experimenta con cosméticos e produtos de estética. Os diálogos da novela tamén son bastante dinámicos e aínda que non queda moito espazo para a reflexión sobre cuestións máis abstractas, hai un traballo bastante destacable cos sentimentos dos protagonistas.

 

Como comentario negativo é preciso sinalar que ata case a metade da novela o lector pérdese entre un montón de sucesos que non semellan caldo de cultivo de ningunha historia destacable. Sen embargo, chega un punto no que a novela rompe con todos os parámetros que a conformaban e experimenta un cambio de ritmo brutal e aparecen nela unha serie de elementos que fan a trama moito máis adictiva e intensa. Coido que merece a pena traspasar a barreira destas primeras páxinas para chegar ó gran xiro argumental da novela.

 

A sensación que queda no lector despois de ler esta novela é que DX é unha desas novelas orgánicas, que crecen pola súa man pese a non ser ideadas como tal. Coido que a construción dos personaxes ocupa unha parte demasiado extensa deste libro tendo en conta as poucas páxinas que ten. Nunha novela deste xénero precisase máis o traballo cos ambientes e cos contextos máis que cos personaxes. Sen embargo a parte final da novela engancha ó lector e consegue incluso que chegue a sentirse incómodo coa súa lectura. Coido que iso fai que esta novela sexa unha aceptable incursión da autora no xénero da ciencia ficción.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com