I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Siri Kolu, Os bandiden

January 14, 2019

 

Título: Os bandiden

Título orixinal: Me rosvolat
Autora: Siri Kolu

Tradutor: Moisés Barcia (dende o italiano)
Editorial: Sushi Books

Ilustracións: Tuuli Juusela

ISBN: 9788416884186
Nº de páxinas: 216 páxs

Sinopse:

 

Vilja marcha de vacacións á casa da súa avoa cos pais e coa irmá. De súpeto, unha furgoneta interrompe o seu paso e a protagonista é secuestrada. Os seus raptores son os Bandiden, unha familia de estrafalarios ladróns de lambetadas, botín que eles prefiren antes cós cartos, xa que non saberían que facer con eles. A rapaza pasará o verán máis emocionante da súa vida con eles, durmindo ó aire libre e gozando de grandes enchentes de doces. Así descubrirá outro tipo de familia e outra forma de vivir, máis anárquica ca convencional. 

Coido que moitas veces esquecemos que para facer lectores precisamos libros que non so introduzan temáticas e intereses acorde o público, senón que tamén temos que buscar fórmulas que consigan que o entretemento sexa tal que cambiar o libro pola Playstation sexa imposible. Os bandiden de Siri Kolu é un libro dos que conseguen que as horas pasen voando.

 

Non é de estrañar que este libro fose o éxito que foi en Finlandia, e que aínda é coa publicación dos seguintes textos da saga. Os bandiden é un libro divertido de principio a fin no que temos personaxes caracterizados a través dos seus actos e intereses máis que polas fisionomías, e que concretan por si mesmos tipos orixinais para a LIX.

 

Siri Kolu non so crea unha historia, senón que tamén fai partícipes os lectores da mesma introducindo distintos xogos coas súas regras que permiten os máis pequenos experimentar na súa casa ás aventuras deste grupo de bandidos. Ó mesmo tempo aproveita para expresar dende o punto de vista dunha cativa o complicado que é vivir nunha familia onde o traballo é máis importante que coidar o núcleo familiar. Unha cativa que intégrase nunha banda de piratas onde a liberdade para actuar é extrema e iso permítelle reflexionar sobre cal é a mellor forma de constituír un entorno familiar san e libre.

 

En resumo, coido que non se pode facer outra cousa que felicitar a Sushi Books pola aposta por esta novela e agardo que guste os máis pequenos para que teñamos a oportunidade de ter toda a saga en lingua galega. Coido que a nosa LIX agradece sempre libros así.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com