Recensión: Eli Ríos, DX


Título: DX Autora: Eli Ríos

Capa: Paula Gómez del Valle

Revisión lingüística: Raquel Vila Amado Editorial: Urco Editora

Colección: Alcaián ISBN: 9788494875526 Nº de páxinas: 166 páxs

Sinopse:

Ola. Son Andre. Sobrevivín á avaricia e ao capitalismo máis atroz.

Aquí, na Horta do Cura, chegou o momento de comezar a reconstruírnos.

Acompáñasme?

DX é a primeira publicación de Eli Ríos dentro do mundo da ciencia ficción. Unha novela que ten elementos de moitísimos subxéneros da ciencia ficción e que constrúese dunha forma interesante pese a ter tamén algúns aspectos negativos que tamén é preciso salientar.

Coido que o punto máis positivo de DX é xogar cunha realidade que non é tan futura e distópica como o lector agarda. O capitalismo devorou todas as estruturas morais da sociedade e, polo tanto, nun mundo onde goberna o egocentrismo non poderíamos ter mellor trama que a destrución da humanidade por parte dunha empresa que experimenta con cosméticos e produtos de estética. Os diálogos da novela tamén son bastante dinámicos e aínda que non queda moito espazo para a reflexión sobre cuestións máis abstractas, hai un traballo bastante destacable cos sentimentos dos protagonistas.

Como comentario negativo é preciso sinalar que ata case a metade da novela o lector pérdese entre un montón de sucesos que non semellan caldo de cultivo de ningunha historia destacable. Sen embargo, chega un punto no que a novela rompe con todos os parámetros que a conformaban e experimenta un cambio de ritmo brutal e aparecen nela unha serie de elementos que fan a trama moito máis adictiva e intensa. Coido que merece a pena traspasar a barreira destas primeras páxinas para chegar ó gran xiro argumental da novela.

A sensación que queda no lector despois de ler esta novela é que DX é unha desas novelas orgánicas, que crecen pola súa man pese a non ser ideadas como tal. Coido que a construción dos personaxes ocupa unha parte demasiado extensa deste libro tendo en conta as poucas páxinas que ten. Nunha novela deste xénero precisase máis o traballo cos ambientes e cos contextos máis que cos personaxes. Sen embargo a parte final da novela engancha ó lector e consegue incluso que chegue a sentirse incómodo coa súa lectura. Coido que iso fai que esta novela sexa unha aceptable incursión da autora no xénero da ciencia ficción.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com