I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Francisco Castro: "O meu libro vai contra as etiquetas, contra esa tentación que temos as persoas de categorizar ás persoas, metelas dentro de grupos humanos pechados"

January 21, 2019

 

Francisco Castro (Vigo, 1966) director xeral da Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica 'O ceo dos afogados' que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano. En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de 'Chamádeme Simbad' (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e 'O segredo de Marco Polo' (2010). En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra 'O corazón da Branca de Neve' e, en 2014, publicou a novela xuvenil 'Tes ata as 10', obra que recibiría o Premio Frei Martín Sarmiento en 2016. En 2018 entrou a formar parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

Texto: Ficha do autor en Galaxia.

Fotografía: Perfil do autor en Facebook.

- Cal é o xerme de Iridium? Como xorde esta novela?


Esta novela naceu en realidade hai cinco anos, cando entrei en contacto por primeira vez con FEGADACE e puiden coñecer o traballo que fan coas persoas con dano cerebral adquirido. Aí decidín que algún día escribiría unha historia protagonizada por alguén con esa problemática. Naquela altura non sabía se sería home ou muller ou, como foi finalmente, unha rapaza saíndo da adolescencia. Logo, hai un ano, por fin decidín facelo e eles puxéronme en contacto con Alento e con Andrea, que foi a miña “confidente” para que eu puidese entender a doenza dende dentro.

 

 Vídeo de FEGADACE no que explican que significa o DCA. (Fonte: Youtube)

 

 

- Como recalca Ramón Nicolás no seu comentario crítico, neste libro falase da “normalidade” presentándoo tamén como un concepto dubidoso…

 

Claro, quen decide que é ou non é normal? Non somos todos en realidade, casos únicos? O meu libro vai contra as etiquetas, contra esa tentación que temos as persoas de categorizar ás persoas, mételas dentro de grupos humanos pechados. Os Down, os da terceira idade, os galegos…todo iso non existe. Son etiquetas. Por iso, na campaña que Alento e máis eu estamos a facer por toda Galicia presentando o libro, manexamos un hastag que é #NonSonOMeuDCA porque elas e eles teñen Dano Cerebral Adquirido, pero son moito máis ca iso.

 

- Iris é unha personaxe curiosa con respecto a súa personalidade. Normalmente píntase nas novelas ás persoas enfermas como seres completamente derrotados e que non teñen unha perspectiva optimista do seu futuro, sen embargo Iris desprende moita vida…


Porque está chea de vida. Porque é unha rapaza normal que quere facer cousas normais…

 

- Vostede é un autor que traballa moitísimo as súas redes sociais e a interacción directa cos lectores. Nesta novela as redes sociais son importantes tanto na forma do relato como no mesmo contido. Considera que na novelística actual as redes sociais poden constituir novas formas narrativas incluso fora do medio dixital? 


Por suposto que si. Eu gañei o Premio Blanco Amor de Novela, en 2005 coa novela “Spam” na que xa falaba dos blogs e o hipertexto. Creo que a día de hoxe é absurdo escribir unha historia que transcurra na actualidade, e que as conversas de whatsapp ou mails non estean presentes. E, dende logo, tócanos aos escritores convertilos en elementos narrativos máis. En “Iridium” teñen un gran peso porque a meirande parte dos personaxes son adolescentes e eles viven nese mundo. Eu tamén.

 

Imaxe promocional da novela. Fonte: Galaxia

 

- Qué considera que debe ter un libro para atrapar a rapazada nunha época no que os xóvenes están expostos a montóns de estímulos externos ó libro?


O mesmo que sempre tivo que ter un libro para enganchar: ten que ser bo. Con iso abonda.

 

- Tras algún tempo sen publicar. Por qué considera que agora é o mellor momento?


Levo dende hai décadas publicando un libro ao ano. Pero en 2017 decidín que non porque viña de aterrar como Director Xeral de Galaxia e quixen centrar toda a miña enerxía na dirección da editorial. Mentres facía iso, fun escribindo o libro. E agora, quero volver facelo coma antes.

 

- Para rematar. Ten algún proxecto en mente ou en marcha do que poida adiantarnos algo?


Pois si.  Novela nova logo do verán. Para público adulto. E, como se dicía nun famoso concurso da televisión: “ata aí podo ler”.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com