Recensión: Alessandro Baricco, Seda


Título: Seda

Título orixinal: Seta Autor: Alessandro Baricco

Tradutora: María Cristina González Piñeiro

Editorial: Rinoceronte ISBN: 9788417388126 Nº de páxinas: 110 páxs

Sinopse:

“Un bo día, un amigo contoume que un devanceiro seu tiña un oficio un tanto estraño. Partía unha vez ao ano, cruzaba o mundo, meses despois chegaba ao Xapón, compraba ovos de vermes da seda, regresaba a Italia e vendíaos. O resto do ano descansaba. Estabamos esquiando cando me contou esta historia. Detívenme, saquei os esquís e comecei a pensar e a lle dar voltas, e non parei de facelo ata que escribín a última páxina.”

Así explica o autor a xénese do seu relato. Influenciado por Céline, Salinger, McEnroe, Stanley Kubrick, Walt Disney, Liberatore…, Alessandro Baricco é o escritor italiano vivo máis internacional. “Seda é unha historia antes de ser un libro. É, sobre todo, unha historia. E ás historias esváranlles as fronteiras”.

Seda é unha desas novelas que son pura historia, puro episodio, tan posiblemente reais coma propias do mundo da ficción. É unha desas historias que semellan non dicir nada pero que transmiten moitísimo e coas que co lector empatiza moi facilmente. Grazas a Rinoceronte temos esta brillante novela curta de Alessandro Baricco en galego.

O máis impresionante de Seda é o poder cromático que hai nela. As lecturas dos ambientes son nítidas grazas as gamas cromáticas que se plasman nas súas páxinas. Os silencios, clima e os sons da propia natureza xogan un papel importante na reprodución da realidade que hai nestas páxinas. Baricco nesta novela é un narrador completamente plástico e que aliméntase dos contrastes para xerar o produto final. Sen dúbida hai que sinalar que a capa que Rinoceronte escolle para esta novela é a máis axeitada para a mesma.

Hervé Joncour non vira nunca aquela rapaza, nin verdaderamente a viu nunca aquela noite. No cuarto sen luces sentiu a beleza do seu corpo, e coñeceu as súas mans e a súa boca. Amouna durante horas, con xestos que nunca fixera, deixándose ensinar unha lentitude que non coñecía. Na escuridade era doado amala sen amala a ela. (páx. 61)

O Xapón nesta novela é sinónimo da chegada a outro mundo, outra civilización. Nada é igual nesas terras onde os italianos compraban estes ovos de vermes da seda. Por iso é unha civilización onde todo é misticismo e onde a propia comunicación e un arte ritual e cerimonioso. Isto fai da novela unha historia na que os distintos episodios expresan o choque de culturas e sentimentos cunha prosa delicada e puramente artística.

En resumo, Seda é un deses libros de obrigatoria lectura, unha novela deliciosa e que constitúe un produto artístico preciosista e interesante para calquera que goce dunha boa lectura cun ritmo delicado e cun transcurso moi meditado dos acontecementos.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com