Recensión: Héctor Cajaraville, Kusuma


Título: Kusuma Autor: Héctor Cajaraville

Ilustradora: María Lires Editorial: Xerais

Colección: Merlín ISBN: 9788491214106 Nº de páxinas: 152 páxs

Sinopse:

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.''Kusuma'' é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.

Non hai dúbida de que Héctor Cajaraville é un dos autores máis destacados dos últimos anos. Proba disto é que conta case todas as súas publicacións por galardóns e que sempre recibiu críticas positivas por parte de público e crítica académica. No ano 2018 gañou o Premio Merlín convocado por Xerais pola novela Kusuma, unha brillante fábula ecoloxista da que neste artigo tedes as miñas impresións.

Kusuma é un libro brillante tanto pola realidade que conta como pola forma de contala. Este libro ten como protagonistas a animais que actúan sistematicamente cos mesmos prexuízos sociais e raciais que os seres humanos. A historia é por iso unha fabulación da nosa triste realidade social e que plasma moi ben o medo irracional das sociedades a aquilo que ven de fora, sexan cales sexan as condicións nas que ven. Todo isto camúflase nunha historia chea de aventuras e conflitos que se solventan por medio da amizade e da cooperación entre especies.

O talento do autor vese na maneira en que ese camuflaxe é o suficientemente denso para gozar da narración nun sentido literal como para que as propias crianzas cuestionen o seu propio modelo de sociedade censurando os erros deste sistema social "animal". A narración é de incuestionable calidade así como introduce uns diálogos moi axeitados ó formato do conto tradicional.

En resumo, Héctor Cajaraville non só publica unha novela que con seguridade lerán con pracer moitos dos nenos galegos, senón que lega tamén un material didáctico de moita calidade para que os docentes traballen nas aulas cos máis pequenos. Unha metáfora do noso mundo a través das historias duns animais que teñen moito máis de racionais ca nós.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

foto 3: atitude


 

a postura com que o cego

se aproxima à paisagem

a postura com que a surda

se achega à música

a postura com que a parapléxica

enfrenta a fugida.

Charo Lopes, Álbum (Aira, 2020)  

PREMIO CIDADE DE OURENSE DE POESÍA 2019

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com